Iuri Gagarin
| Iuri Alexeievitch Gagarin | |
|---|---|
| Iuri Gagarin | |
| Nacemento: | 9 de marzo de 1934 Smolensk |
| Falecemento: | 27 de marzo de 1968 Novosiolovo |
| Nacionalidade: | soviético |
| Ocupación: | cosmonauta |
Iuri Alexeievitch Gagarin (en ruso Юрий Алексеевич Гагарин), nado en Gjast (oblast de Smolensk) o 9 de marzo de 1934 e finado preto de Novosiolovo (oblast de Vladimir) o 27 de marzo de 1968, heroe da Unión Soviética, foi un cosmonauta que, o 12 de abril de 1961,[1] marcou a historia da humanidade e da exploración espacial ao converterse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo, realizando un voo orbital completo arredor da Terra, a bordo da nave Vostok 1.
Índice |
Infancia e mocidade [editar]
Iura[2] naceu no pequeno pobo de Klúshino preto de Gzhatsk na provincia de Óblast de Smolensk, un 9 de marzo de 1934.[3] Gzhatsk renombrouse como Gagarin no seu honor en 1968. Os seus pais, Alexey Ivanovich Gagarin e Anna Timofeyevna Gagarina, traballaban nunha granxa colectiva.[4] Aínda que oficialmente eran descritos como 'campesiños', a súa nai era unha ávida lectora de libros e o seu pai un talentoso carpinteiro. Iuri era o terceiro de catro irmáns e a súa irmá maior foi a encargada de coidalo mentres os seus pais traballaban.
Como millóns de persoas na Unión Soviética, a familia Gagarin atopouse coa ocupación da Alemaña nazi durante a Segunda Guerra Mundial. Despois que un oficial alemán ocupase a casa dos Gagarin, construíron unha pequena choza de barro onde se ocultaron un ano e nove meses ata o final da ocupación estranxeira.[5] Os seus dous irmáns maiores foron deportados á Alemaña nazi como man de obra escrava en 1943, e non regresaron ata logo da guerra. En 1946, a familia trasladouse a Gzhatsk.
O seu profesor de matemáticas loitou co Exército Vermello do Aire durante a Gran Guerra Patria (en ruso: Великая Отечественная война, Velíkaya Otéchestvennaya voyná), un feito que impresionou ao mozo Gagarin.[Cómpre referencia] Segundo a súa filla, Elena Gagarina,[6] recordaba a miúdo unha vivencia da Segunda Guerra Mundial cando un piloto soviético foi derribado sobre o seu pobo. Iuri xunto a outros amigos rescatárono e mantiveron oculto dos nazis ata que outro amigo veu a buscalo noutro avión. Este feito segundo Elena, marcouno e desde entón quixo ser piloto.
Iuri foi obreiro na industria metalúrxica ata 1954, ano en que se apunta no aeroclub da cidade de Saratov. Aprendeu a pilotar un avión lixeiro, unha afección que cada vez se fixo máis intensa. Ao parecer era un gran seguidor do rugby ruso, e por iso quixo que os reclutas da Academia Gagarin practicasen o deporte do balón oval.
A súa carreira no programa espacial soviético [editar]
En 1955, tras finalizar os seus estudos técnicos, entrou na Escola Militar de Pilotos de Oremburgo. Durante a súa estancia na escola coñeceu a Valentina Goriácheva, coa que se casou en 1957 logo de conseguir as súas ás de piloto. Neste mesmo ano o goberno soviético realiza grandes fitos na exploración espacial, adiantándose aos Estados Unidos, poñendo en órbita o primeiro satélite artificial, o Sputnik 1, o 4 de outubro e o 3 de novembro poñendo en órbita o Sputnik 2 coa cadela Laika, o primeiro ser vivo no espazo. Pouco despois, en 1959, preséntase como candidato ao arriscado programa espacial do goberno soviético.
Selección e adestramento [editar]
- Véxase tamén: programa Vostok.
En 1960, o programa espacial soviético abriu un proceso de selección onde se presentaron uns 3500 voluntarios[6], todos pilotos de caza. Os vinte últimos recibiron unha formación inicial e despois escolleuse a un grupo de seis homes. Finalmente Gagarin resulta elixido como primeiro cosmonauta, e sométeselle a unha serie de experimentos e probas para determinar a súa resistencia física e psicolóxica durante o voo.
Gagarin competiu nesta selección con German Titov e Grigori Nelyubov. Poida que a elección definitiva de Gagarin sexa que aprobou os exames cos niveis máis altos, así como polas súas mellores características físicas, Gagarin medía 1.57 metros de altura, unha vantaxe na pequena cabina da nave Vostok.[4] Titov no primeiro voo ao espazo quedouse como reserva por si fallaba Gagarin a quen acompañou, tamén vestido co traxe de cosmonauta, ata o foguete. Tres meses despois Titov converteuse no segundo piloto ruso en voar ao espazo, e no terceiro do mundo despois do estadounidense Alan Shepard.
Minutos antes de embarcar á súa nave deixou gravado unha mensaxe:
Que podo dicirlles durante estes últimos minutos antes de empezar? Toda a miña vida aparécese ante min neste único e fermoso momento.
Todo o que fixen e vivín foi para isto.O voo espacial [editar]
- Artigo principal: Vostok 1.
O mércores 12 de abril de 1961, Gagarin converteuse no primeiro ser humano que viaxou ao espazo na nave Vostok 3KA-3, máis coñecida como Vostok 1. O seu nome crave durante o voo foi Kedr (en ruso кедр, cedro), é dicir, piñeiro siberiano, os operadores de terra eran Zaryá (Заря, Aurora) e Vesná (Весна,primavera)[8] Sábese que o voo durou 108 minutos en total: 9 minutos para entrar en órbita e logo unha órbita ao redor da Terra.[6] Mentres, todo o que tiña que facer era falar por radio, probar un pouco de comida -foi o primeiro en comer a bordo dunha nave espacial- co obxectivo de saber si un ser humano podía sentir e comportarse de xeito normal estando sen gravidade.
Devido a que os científicos non coñecían con certeza os efectos da ingravidez, a nave estivo sempre baixo control terrestre. En caso de urxencia contaba con todos os instrumentos de voo necesarios para o aterrizaxe manual. Gagarin estaba suxeito a unasento exectable, por medio do cal sairía do módulo da nave logo do descenso, a unha altitude de aproximadamente 7 quilómetros.
O voo do Vostok 1 comezou ás 06:07 hora universal (UT), impulsado por un foguete da serieVostok-K desde o Cosmódromo de Baikonur. Os controladores de terra non sabían si Gagarin alcanzaria unha órbita estable ata 25 minutos despois do lanzamento, xusto cando se dirixía cara ao lado non iluminado da Terra e deixando atrás a Unión Soviética a través do Océano Pacífico. Cruzou na madrugada o estreito de Magallanes e durante o amencer o vasto Océano Atlántico Sur. Despois activouse o sistema automático da nave para alinear a cápsula e disparar os foguetes de retroceso para así empezar o descenso, mentres cruzaba a costa occidental de Angola, a uns 8000 quilómetros de altura.
Durante este punto crítico de reentrada atmosférica, presentouse o problema máis grave do voo. A nave debía de desprenderse dunha parte si quería reentrar exitosamente adoptando unha orientación apropiada ou terminaría convertida nunha gran bóla de lume. Durante 10 incómodos minutos, e sen poder actuar, a cápsula viraba violentamente. fallara o sistema de solta automático e a vida de Gagarin perigaba. Por sorte, coa inmensa calor xerada durante a reentrada debilitouse o sistema de anclaxe e liberouse a cápsula con Gagarin no seu interior. Mentres o seu descenso continuaba, cruzaba os escuros bosques e montañas do centro deÁfrica, decontado o Sáhara, o río Nilo, Oriente Medio, mentres continúa o seu descenso cara ao sudoeste da actualFederación Rusa. Preparado para iniciar a expulsión e xa preto do Mar Negro, desfaise da cápsula a 7000 metros sobre o nivel do mar.
Debido a un erro do sistema de freado, non aterrou na rexión prevista (a uns 110 quilómetros de Stalingrado, hoxe Volgogrado), senón na provincia de Saratov. Ás 10:20 daquel día, Gagarin, tras saír despedido da cápsula do Vostok, aterrou en paracaídas cerca do pobo de Smelovka, a uns 15 quilómetros da cidade de Engels. A campesiña Anna Tajtárova veciña dunha granxa colectiva próxima e a súa neta Rita, de seis anos de idade, foron as primeiras persoas en atopar a Gagarin. Levaba un estraño traxe laranxa e un casco branco cunhas grandes iniciais en vermello, CCCP (as siglas en ruso daUnión de Repúblicas Socialistas Soviéticas). «Vés do espazo?», preguntou a anciá. «Certamente, si», dixo o cosmonauta que, para acougar á campesiña, apresurouse a engadir: «Pero non se alarme, son soviético».[9] A primeira medida inmediata do goberno soviético é o seu ascenso do rango militar de tenente segundo a maior.[Nota 1]
Segundo os medios soviéticos, durante a órbita Gagarin comentou: «Aquí non vexo a ningún Deus». Con todo, non hai gravación que demostre que Gagarin pronunciou esas palabras.[10] En cambio, sábese que Nikita Khrushchev dixo unha vez: «Gagarin estivo no espazo, pero non viu a ningún Deus alí». Daquela estas palabras empezaron a ser atribuídas ao cosmonauta.[11] O que si dixo con certeza o cosmonauta desde a nave Vostok 1 foi: «Poboadores do mundo, salvagardemos esta beleza, non a destruamos».[12] Ademais Petrov dixo que Gagarin foi bautizado de mozo nunha Igrexa Ortodoxa, e no ano 2011 un artigo da revista Foma cita ao rector da Igrexa Ortodoxa en Cidade das Estrelas (ruso Звёздный городок, Zviozdni gorodok)dicindo «Gagarin bautizou á súa filla maior Elena pouco antes do seu voo ao espazo» e que a súa familia adoitaba celebrar Nadal e Pascua.[13]
Xa na Terra, Gagarin converteuse nun dos seres humanos máis famosos. Nikita Khrushchev considerou que a consecución de Gagarin era unha proba de que había que reforzar o exército soviético con misiles, máis que con armas convencionais. Esta política, antagonista cos desexos do exército soviético, contribuíu á caída de Khrushchev.
Cronoloxía profesional [editar]
- 1951 : Escola de aprendizaxe de Liubertsi.
- 1955 : Instituto técnico-industrial de Saratov.
- 1955 : Aeroclub de Saratov.
- 1955 : Incorporación ao exército.
- 1957 : Escola K. E. Vorochilov de pilotos militares de Orenburg. A titularse como cosmonauta, serve como piloto de cazas da Flota do Norte (Luostari, rexión de Petchenga, no oblast de Múrmansk.
- 1960 : Afiliación ao Partido Comunista da URSS.
- 11 de marzo de 1960 : Recibe a súa titulación.
- 12 de abril de 1961 : 1º vóo espacial humano.
- 23 de maio de 1961 : Comandante do destacamento de cosmonautas.
- 20 de decembro de 1963 : Comandante adxunto do Centro de adestramento de cosmonautas.
- 23 de abril de 1967 : « Dobra » a Komarov para a misión Soyuz (Komarov perdeu a vida durante a aterraxe da súa cápsula).
- 1968 : Diploma da Academia Jukovski de aeronáutica de Moscova.
- 27 de marzo de 1968 : Falecemento nun accidente aéreo.
Notas [editar]
- ↑ En España, rango equivalente ao de comandante.
- Referencias
- ↑ "1961-2011, el año de Yuri Gagarin" (en castelán). La Yuriesfera. http://www.yuriesfera.net/. Consultado o 07/04/2013.
- ↑ Iura (Юра) é o diminutivo do seu nome Iuri (Юрий)
- ↑ Hanbury-Tenison, Robin, ed. (2010). The Great Explorers. Londres: Thames Hudson. p. 270. ISBN 9780500251690.
- ↑ 4,0 4,1 "Yuri Gagarin". Times Europe vía Times.com. 13-11-2006. http://www.time.com/time/europe/hero2006/gagarin.html. Consultado o 30-03-2008.
- ↑ "Yuri Gagarin's Klushino: Forgotten home of space legend" (en inglés). BBC News. 3 de abril de 2011. http://www.bbc.co.uk/news/science-environment-12875848. Consultado o 5/05/2013.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Gagarin, pionero en órbita". Euronews. 11 de abril de 2011. http://es.euronews.net/2011/04/06/gagarin-pionero-en-orbita/. Consultado o 16 de abril de 2011.
- ↑ O audio orixinal da mensaxe de Gagarin pódese escoitar durante o primeiro minuto do documental First Orbit.
- ↑ Юрий Гагарин. Дорога в космос — libro de Gagarin Camiño o Cosmos (en ruso) (HTML)
- ↑ English, Dave (2003) (en Inglés). The air up there: more great quotations on flight (1 ed.). McGraw-Hill Professional. pp. 118. ISBN 9780071410366. "First words upon returning to earth, to a woman and a girl near where his capsule landed (12 April 1961) The woman asked: "Can it be that you have come from outer space?" to which Gagarin replied: "As a matter of fact, I have!""
- ↑ de conversacións de Gagarin ca Terra. (en ruso)
- ↑ Entrevista con un amigo cercano de Gagarin. (en ruso)
- ↑ Lev Aleksandrovich Lebedev, Boris Borisovich Lukʹi︠a︡nov, Aleksandr Romanov (1973) (en Inglés). Sons of the blue planet (1 ed.). Amerind Pub. Co.. pp. 327. http://books.google.com.ar/books?id=r-8DAQAAIAAJ. "Orbiting Earth in the spaceship, I saw how beautiful our planet is. People, let us preserve and increase this beauty, not destroy it!"
- ↑ "Gagarin's family celebrated Easter and Christmas, Korolev used to pray and confess". Interfax-religion.com. http://www.interfax-religion.com/?act=news&div=8361. Consultado o 11 abril 2011.
Véxase tamén [editar]
- Laika, o primeiro ser vivo terrestre en orbitar a Terra.
- Neil Armstrong, astronauta estadounidense, primeiro ser humano en chegar a Lua en 1969.
Ligazóns externas [editar]
En castelán [editar]
| Memorial da morte de Gagarin e Seregin no lugar do accidente | |
|---|---|
| Foto del obelisco | |
| Foto del obelisco, primer plano | |
| Coordenadas 56°02′48″N 39°01′35″E / 56.04664°N 39.0265°E | |
- La Yuriesfera, recopilación de webs de todo o mundo en honor a Iuri Gagarin
- O primeiro home no espacio
- Yuri Gagarin: 50 años en espazo
En inglés [editar]
- Gagarin, ficha do portal sobre astronaútica Astronautix.com
- First Orbit, película documental sobre a viaxe de Gagarin (2011)