Teresa González Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa González Costa

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
O Grove, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Teresa González Costa, nada no Grove en 1975, é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Inglesa e Filoxía Italiana na Universidade de Santiago de Compostela, amais de acadar un Diploma de Estudos Avanzados no programa de Teoría da Literatura e Teoría Comparada. Preparou o Terceiro Ciclo en Turín, Borgoña e Xénova, especializándose no viaxeiro Nicolas Bouvier.

Comezou a formar parte de compañías teatrais en 1993. Fixo cursos de dramaturxia con Jean-Luc Lagarce, e traballou como guionista de teatro radiofónico para o programa cultural Radio Cité. Participou como actriz con La Comédie de Genève na obra La visite de la vieille dame, de Friedrich Dürrenmatt.

En 2004 recibiu unha mención especial no Premio Barriga Verde de teatro para marionetas co texto Canun digas Narice, e no 2005 quedou finalista do Premio Rafael Dieste co texto Alén das Brumas. No 2008 acadou o Premio Álvaro Cunqueiro con Sempre quixen bailar un tango, e o Premio Manuel María con Pingueiras e Tarteiras.

En 2010 recibiu o Premio Merlín pola novela A filla do ladrón de bicicletas. En 2012 obtivo, pola mesma obra, o Premio Frei Martín Sarmiento do terceiro ciclo de primaria.

Obras[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Sempre quixen bailar un tango, 2009, Xerais.
  • Pingueiras e tarteiras, 2009, Xerais (infanto-xuvenil).
  • O soño de Leila, 2005, Edicións Fervenza.
  • Quen dixo bombóns?, 2005, Edicións Fervenza.
  • Unha noite de medo... tricolor, Edicións Fervenza.
  • A rúa dos soñadores, Edicións Fervenza.
  • Cando os libros toman té, Edicións Fervenza.
  • O misterio das ganas de durmir, Edicións Fervenza.
  • Chegaron no tren das 7,30, Edicións Fervenza.
  • O misterio do chapeu do mago, Edicións Fervenza.
  • O misterio da sombra, Edicións Fervenza.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Narrativa para adultos[editar | editar a fonte]

  • Os santos nunca dormen, 2014, Xerais.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-07-16. 
  2. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]