Premio Xerais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Premios Xerais")

O Premio Xerais é un premio literario galego que concede Edicións Xerais desde 1984 a unha novela. A partir de 1988 o xurado do premio incluíu lectores non profesionais e a entrega do premio realízase nunha cidade diferente conxuntamente co Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil. A partir da edición de 2006, o galardón acompañouse tamén do Caixa Galicia de literatura xuvenil, de xeito que o Merlín quedou restrinxido a infantil. Ademais, a editorial concede un premio Xerais á cooperación no labor editorial.

O premio, que é único, está dotado con 15.000 euros na actualidade; na primeira edición tiña unha contía de 500.000 pesetas (3.000 euros). A data de entrega adoita ser na semana da festividade do San Xoán, no solsticio de verán.

[editar] Gañadores

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas