Aeroporto de París-Charles de Gaulle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 49°0′35″N 2°32′52″E / 49.00972°N 2.54778°E / 49.00972; 2.54778

Aeroporto de París–Charles de Gaulle
Aéroport de Paris-Charles-de-Gaulle

Aeroport de Roissy.JPG

IATA: CDG – ICAO: LFPG
Sumario
Tipo Público
Cidade/Illa París, Francia
Localización 25 km NE de París
Elevación (msnm) 392 pés / 119 metros
Coordenadas 49°0′35″N 2°32′52″E / 49.00972°N 2.54778°E / 49.00972; 2.54778
Web aeroportsdeparis.fr
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
08L/26R 13.829 4.215 asfalto
08R/26L 8.858 2.700 formigón
09L/27R 8.858 2.700 asfalto
09R/27L 13.780 4.200 asfalto
Estatísticas (2013)
Pasaxeiros 62.052.917
Movementos aeronaves 497.763

O Aeroporto de París–Charles de Gaulle (en francés: Aéroport de Paris-Charles-de-Gaulle) (IATA: CDGOACI: LFPG), tamén coñecido por Aeroporto de Roissy, é un dos principais centros de aviación do mundo, así como o aeroporto máis grande de Francia. Leva o nome de Charles de Gaulle (1890–1970), líder das Forzas Francesas Libres e fundador da Quinta República Francesa, así como Presidente de Francia de 1959 a 1969. O aeroporto atópase dentro dos límites de varias comunas, a 25 km ao noreste de París. O aeroporto serve como o principal hub de Air France.

En 2013, o aeroporto recibiu 62.052.917 pasaxeiros e 497.763 movementos de aeronaves,[1] polo que é o oitavo aeroporto máis ocupado do mundo e o segundo aeroporto con máis tráfico de Europa (despois de Londres–Heathrow) en pasaxeiros servidos. Tamén é o décimo aeroporto do mundo máis ocupado e o aeroporto de Europa con maior movemento de aeronaves. No tráfico de carga, é o oitavo aeroporto do mundo e o máis transitado de Europa, cun movemento de 2.150.950 toneladas métricas de carga en 2012.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Statistiques annuelles". Union des aéroports Français. http://www.aeroport.fr/les-aeroports-de-l-uaf/stats-paris-charles-de-gaulle.php. Consultado o 24 de febreiro de 2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]