All Nippon Airways

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
All Nippon Airways
All Nippon Airways Logo.svg
IATA
NH
OACI
ANA
Indicativo
ALL NIPPON
Fundación 27 de decembro de 1952
Plan de voo frecuente ANA Mileage Club
Alianza Star Alliance
Subsidiarias ANA Wings
ANA & JP Express
Frota 173 (275 con subsidiarias)
Destinos 81
Eslogan da compañía Japan's Best to the World
Sede
Dirixentes Yoji Ohashi (presidente)
Shinichiro Ito (CEO)
Páxina web: http://www.ana.co.jp
Boeing 747 de All Nippon Airways

All Nippon Airways Co., Ltd. (全日本空輸株式会社 Zen Nippon Kūyu Kabushiki-gaisha), tamén coñecida coo Zennikkū (全日空) ou ANA, é a aeroliña máis grande de Xapón. A súa sede atópase no Shiodome City Center en Minato, Tokyo. A compañía voa a 49 destinos en Xapón e a 32 fóra do país. Os principais centros de operacións de ANA atópanse no aeroporto internacional de Narita, nas aforas de Tokyo, e no aeroporto internacional de Kansai, na periferia de Osaca. Os principais centros domésticos están no aeroporto internacional de Toquio (Haneda), no Aeroporto Internacional de Osaca, o aeroporto internacional Chūbu Centrair (preto de Nagoya), e o novo aeroporto de Chitose (preto de Sapporo).

Ademais das súas operacións principais, ANA controla varias subsidiarias, como a súa aeroliña rexional, ANA Wings, e a charter Air Japan. Outras compañías máis pequenas son Air Do, unha aeroliña low-cost que voa entre Tokyo e cidades de Hokkaido, AirAsia Japan, unha low-cost creada entre AirAsia de Malasia e ANA, e Allex Cargo (ANA Cargo), a división de carga operada por Air Japan. ANA é tamén a maior accionista de Peach, unha compañía low-cost creada xunto co First Eastern Investment Group.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de All Nippon Airways
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 19 110-166
Boeing 737-700 15 120
Boeing 737-700ER 2 38-44
Boeing 737-800 20 167-176 entregados entre 2012 e 2014
Boeing 747-400D 5 565 serán retirados en 2015
Boeing 767-300 26 270 os máis antigos serán substituídos polo Boeing 787
Boeing 767-300ER 25 202-270 os máis antigos serán substituídos polo Boeing 787
Boeing 777-200 16 405 serán substituídos polo Boeing 787-9
Boeing 777-200ER 9 (3 pedidos) 223-405 entregas en 2013
Boeing 777-300 7 514
Boeing 777-300ER 19 215-262
Boeing 787-8 17 (17 pedidos) 158-335
Boeing 787-9 (30 pedidos) entarán en servizo en 2014
Mitsubishi MRJ90 (5 pedidos) entarán en servizo en 2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]