Asiana Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asiana Airlines
HL7597 Boeing 777 Asiana (7496795146).jpg
IATA
OZ
OACI
AAR
Indicativo
ASIANA
Fundación 17 de febreiro de 1988
Plan de voo frecuente Asiana Club
Alianza Star Alliance
Subsidiarias Air Busan
Asiana IDT
Frota 80
Destinos 96 (incluída carga)
Holding Kumho Asiana Group
Páxina web: http://flyasiana.com/

Asiana Airlines Inc. (hangul: 아시아나 항공; RR: Asiana Hanggong; antigamente Seoul Airlines) é unha das dúas maiores aeroliñas de Corea do Sur, xunto con Korean Air. Asiana ten a súa sede no Asiana Town en Osoe-dong, Gangseo-gu, Seul. A compañía ten o seu centro de operacións doméstico no aeroporto internacional de Gimpo, e o centro de operacións internacional no aeroporto internacional de Incheon, a 70 quilómetros do centro de Seul.

Asiana é membro da alianza Star Alliance e ofrece 516 voos diarios a Asia, Europa, Norteamérica e Oceanía, operando 14 rutas domésticas e 85 internacionais de pasaxeiros e 20 de carga.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de Asana Airlines
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 10 143-162
Airbus A321-100 2 200
Airbus A321-200 20 171-195
Airbus A330-300 12 275-290
Airbus A350-800 (8 pedidos) entregas en 2016
Airbus A350-900 (12 pedidos) entregas en 2016
Airbus A350-1000 (10 pedidos) entregas en 2016
Airbus A380-800 (6 pedidos) entrada en servizo en 2014
Boeing 737–400 2 160-162 a piques de ser retirados
Boeing 747-400 2 359
Boeing 747-400M 2 264
Boeing 767–300 7 250 a piques de ser retirados
Boeing 777-200ER 12 (8 pedidos) 246-300

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]