Aeroporto de Haneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto Internacional de Tokyo
東京国際空港
Tōkyō Kokusai Kūkō

HND Airport Office Building 1.jpg

IATA: HND – ICAO: RJTT
Sumario
Tipo público
Operador Tokyo Aviation Bureau
Localización Ōta, Tōkyō
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
pés metros
16R/34L 9.843 3.000 formigón asfáltico
16L/34R 9.843 3.000 formigón asfáltico
04/22 8.202 2.500 formigón asfáltico
05/23 8.202 2.500 formigón asfáltico
Estatísticas (2012)
Pasaxeiros 66.795.178

O Aeroporto Internacional de Tokyo (東京国際空港 Tōkyō Kokusai Kūkō), comunmente coñecido como Aeroporto de Haneda (羽田空港 Haneda Kūkō) ou Aeroporto de Tokyo Haneda (IATA: HND, ICAO: RJTT), é un dos dous aeroportos principais que operan na Área do Gran Tokyo, e é a principal base das dous maiores aeroliñas domésticas xaponesas, Japan Airlines (Terminal 1) e All Nippon Airways (Terminal 2), ademais das low-cost Air Do, Skymark Airlines, Skynet Asia Airways e StarFlyer. Está situado en Ōta, Tokyo, a 14 quilómetros ao sur da Estación de Tokyo.

Haneda foi o principal aeroporto internacional de Tokyo ata 1978; dende ese ano ata 2010, Haneda operaba case todos os voos domésticos con saída e destino á cidade, mentres que o Aeroporto Internacional de Narita operaba a meirande parte dos voos internacionais. No ano 2010 inaugurouse unha terminal destinada a servizos internacionais Haneda xunto coa finalización dunha cuarta pista. Iste permitíu un enorme incremento de voos internacionais no aeroporto, que anteriormente só operaba servizos chárter a unhas poucas cidades do leste asiático. Na actualidade Haneda ten voos de longa distancia aos principais destinos de todo o mundo durante as primeiras horas da mañá e últimas da noite, e comezara a ofrecelos durante o día a partir de principios de 2014.