Carlota Xoaquina de Borbón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlota Xoaquina de Borbón
Infanta de España
Raíña consorte de Portugal
Emperatriz consorte do Brasil (de iure).
Carlota Joaquina.jpg
Retraro de Carlota Xoaquina de Borbón
mostrando un medallón coa efixie do seu esposo Xoán VI.
Autor descoñecido. Palacio Nacional da Ajuda, Lisboa.
Reinado 20 de marzo de 1816
10 de marzo de 1826
Nome completo Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma
Nacemento Palacio Real de Aranjuez, Aranjuez, Flag of Spain (1785-1873 and 1875-1931).svg España
Falecemento 7 de xaneiro de 1830
Palacio Real de Queluz, Sintra, Flag Portugal (1830).svg Portugal
Predecesor Mariana Vitoria de Borbón
Sucesor María Leopoldina de Austria
Consorte Xoán VI de Portugal
Descendencia María Teresa
Francisco Antonio
María Isabel
Pedro I de Brasil e IV de Portugal
María Francisca
Isabel María
Miguel I
María da Asunción
Ana de Xesús María
Casa Real Casa de Borbón
Pai Carlos IV de España
Nai María Luisa de Parma

Carlota Xoaquina Teresa Caetana de Borbón e Borbón-Parma (en portugués Carlota Joaquina Caetana de Bourbon e Bourbon), nada en Aranjuez o 25 de abril de 1775 e finada en Sintra o 7 de xaneiro de 1830,[1] foi unha infanta española, raíña consorte de Portugal e emperatriz consorte de iure de Brasil.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlota Xoaquina foi a filla primoxénita do rei Carlos IV de España e da súa esposa, a princesa María Luísa de Parma. Con apenas dez anos de idade foi obrigada a casar, o 8 de maio de 1785, co príncipe Xoán, segundo fillo de María I. En 1788, ao morrer o herdeiro da Coroa portuguesa Xosé, Príncipe do Brasil, Xoán pasou a ser o primeiro na liña de sucesión.[1] Pola loucura de María, a súa nai, o príncipe Xoán recibe a rexencia do reino a partir de 1792.[1] Con isto, Carlota Xoaquina convertíase en princesa consorte-rexente de Portugal.

Primeiras intrigas[editar | editar a fonte]

Este cambio nos acontecementos conviña ao carácter ambicioso e ás veces violento de Carlota. Na corte de Lisboa inmiscuíase frecuentemente en asuntos de estado, procurando influír nas decisións do seu marido.[1] As ambicións da española desagradaban á nobreza portuguesa e chegaron a oídos do mesmo pobo; aínda máis, as desavenencias conxugais de Carlota Xoaquina empezaron a tomar carácter político.

Seu marido Xoán descubriu en 1806 que Carlota Xoaquina urdía unha revolta pacega para tomar o poder, polo que a expulsou do Palacio Real de Mafra e a enviou baixo liberdade vixiada ao Palacio Real de Queluz, en Sintra, preto de Lisboa.[1]

En 1808, ante a ameaza da invasión de Portugal polo exército combinado franco-español (como consecuencia do tratado de Fontainebleau, o príncipe rexente dispuxo a fuxida, rumbo a Brasil, da familia real portuguesa.
Arribados a Río de Xaneiro instalaron alí a Corte. Porén, isto no terminaría coas intrigas e ambicións de Carlota Xoaquina.[1]

Pretensión á rexencia de España e ao Reino do Río da Prata[editar | editar a fonte]

Entre 1808 e 1812, Carlota Xoaquina reclamou a rexencia de España cando o seu tío o infante Antonio Pascual fuxiu a Francia abandoando a Xunta Suprema de Goberno que o seu irmán Fernando VII instiuira en tanto durara a súa viaxe a Francia para entrevistarse con Napoleón (do que resultou a prisión da familia real española e a usurpación (legal) do trono español por parte de Xosé Bonaparte. Alegaba Carlota ser a única integrante da familia de Carlos IV que non estaba apresada polos franceses.[1]

Xoán VI e Carlota Xoaquina.

Por outra parte, a súa cercanía ao vicerreinado do Río da Prata provocou a creación dun partido carlotista en Buenos Aires, o cal pretendía valerse de Carlota Xoaquina para conseguir a independencia do territorio do Río da Prata (o que sería máis tarde a Arxentina). En efecto, Carlota Xoaquina aspiraba tamén a aproveitar a invasión napoleónica de España para asegurarse un trono para si mesma en América do Sur; máis unha vez alegaba a prisión do seu pai e do seu irmán en Francia, e acariciaba a ambiciosa idea de escapar ás limitacións que lle impoñía seu esposo portugués.[1]

Porén, a interferencia da diplomacia británica e a política expansionista do seu marido fixeron fracasar o proxecto. Xoán VI determinou que, se a súa esposa era proclamada rexente de España, entón o propio rei portugués tería dereitoos sobre o vicerreinado do Río da Prata como esposo da rexente. Esta insinuación de Xoán VI fixo que o plan perdera todo apoio en Buenos Aires, onde o que se pretendía era constituír un Estado independente, non pasar do dominio español ao domino portugués. Por outra parte, a ocupación francesa en España facía que Gran Bretaña rexeitara a existencia dunha rexente española en Buenos Aires en contraposición ao restaurado, e recoñecido por esta potencia, Fernando VII.[1]

En efecto, polo tratado de Valençay de 11 de decembro de 1813, Napoleón recoñeceu a Fernando VII como rei de España e, pouco despois, tamén o recoñecía o goberno británico. (Porén cómpre dicir que nin a Rexencia nin as Cortes de Cádiz o recoñeceran, pois antes debería xurar a Constitución de 1812.[2]

Últimos anos: regreso a Portugal[editar | editar a fonte]

En 1820, unha revolución ocorrida no Porto exixiu a volta da familia real portuguesa á metrópole. Xoán VI e Carlota Xoaquina regresaron a Portugal o ano seguinte, aínda que o seu fillo e herdeiro Pedro de Braganza no só decidiu quedarse no Brasil, senón que en 1822 proclamaba a independencia de dito país asumindo o trono como emperador Pedro I de Brasil. O rei Xoán VI faleceu subitamente no Palacio da Bemposta, Lisboa, o 10 de marzo de 1826, aos 58 anos.[1] Hai que cre que foi envelenado, sospeitándose da raíña Carlota Xoaquina ou do seu fillo Miguel, nunha conspiración para ocupar o trono.

Carlota Xoaquina faleceu no Palacio de Queluz, en Sintra, o 7 de xaneiro de 1830, vítima dun cancro de útero.

Fillos[editar | editar a fonte]

Do seu matrimonio con Xoán VI, Carlota Joaquina tivo nove fillos, a saber:

Galería[editar | editar a fonte]

Árbore xenealóxica[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís de Francia, Gran Delfín
 
 
 
 
 
 
 
8. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Ana Cristina de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
4. Carlos III de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
9. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Dorotea Sofía do Palatinado-Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos IV de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Augusto II de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
10. Augusto III de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Cristiana Eberardina de Brandeburgo-Bayreuth
 
 
 
 
 
 
 
5. María Amalia de Saxonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Xosé I de Habsburgo
 
 
 
 
 
 
 
11. María Xosefa de Austria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Guillermina Amalia de Brunswick-Luneburgo
 
 
 
 
 
 
 
1. Carlota Xoaquina de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Luís de Francia, Gran Delfín (=16)
 
 
 
 
 
 
 
12. Filipe V de España (=8)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. María Ana Cristina de Baviera (=17)
 
 
 
 
 
 
 
6. Filipe I de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Eduardo II Farnesio (=18)
 
 
 
 
 
 
 
13. Isabel de Farnesio (=9)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Dorotea Sofía do Palatinado-Neoburgo (=19)
 
 
 
 
 
 
 
3. María Luísa de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Luís de Francia
 
 
 
 
 
 
 
14. Luís XV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. María Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
7. Luísa Isabel de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Estanislao I Leszczynski
 
 
 
 
 
 
 
15. María Leszczynska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Catalina Opalinska
 
 
 
 
 
 


Predecesor:
María I
Flag Portugal (1707).svg
Raíña de Portugal

18161826
Sucesor:
María Leopoldina de Austria

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Carlota Joaquina de Bourbon (D.).". Portugal - Dicionário Histórico, Corográfico, Heráldico, Biográfico, Bibliográfico, Numismático e Artístico. pp. 760-761. http://www.arqnet.ptdicionario/carlotajoaquina.html. Consultado o 7 de maio.
  2. Sánchez Mantero, Rafael (2001): Fernando VII. Borbones, 6. Madrid: Arlanza. ISBN 84-95503-23-9, páx. 82.
  3. Equivalente portugués das Guerras carlistas españolas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carlota Xoaquina de Borbón

Bibliografia[editar | editar a fonte]

  • Azevedo, Francisca Nogueira de (2003): Carlota Joaquina na Corte do Brasil. Rio de Janeiro: Civilização Brasileira.
  • Azevedo, Francisca Nogueira de (2007: Carlota Joaquina: cartas inéditas. Rio de Janeiro: Casa da Palavra.
  • Cassotti, Marsilio (2009): Carlota Joaquina. O Pecado Espanhol. Lisboa: A Esfera dos Livros.
  • Cheke, Marcus (1949): Carlota Joaquina (A Rainha Intrigante). Rio de Janeiro: Livraria José Olympio Editôra.
  • Lázaro, Alice (2011): La Menina. Retrato de Dona Carlota Joaquina nas Cartas Familiares (1785-1790)Lisboa: Chiado Editora.
  • Lousada, Mª Alexandre e Pereira, Mª de Fátima Melo (2005): D. Miguel Lisboa: Círculo de Leitores.
  • Pereira, Sara Marques (1999): D. Carlota Joaquina e os Espelhos de Clio. Actuação Política e Figurações Historiográficas. Lisboa: Livros Horizonte.
  • Pereira, Sara Marques (2008): D. Carlota Joaquina Rainha de PortugalLisboa: Livros Horizonte.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]