Paulo I de Rusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paulo I de Rusia
Borovikovskiy PtPavla1GRM.jpg
Pável Petróvich Románov
Tsar de Rusia
Período: 17 de novembro de 1796-11 de marzo de 1801
Antecesor: Catarina II de Rusia
Sucesor: Alexandre I de Rusia
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 1 de outubro de 1754
Lugar: San Petersburgo, Rusia
Falecemento: 23 de marzo de 1801
Lugar: San Petersburgo, Rusia
Organización: {{{partido}}}
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): {{{cargos}}}
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión:
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Paulo I de Rusia (en ruso: Па́вел I Петро́вич; Pável Petróvich). Nado en San Petersburgo o 1 de outubro de 1754 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1801. Foi o Tsar de Rusia desde 1796 ata o seu asasinato en 1801.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Pablo Petróvich de neno (1761), por Fiódor Rókotov.

O Gran Duque Paulo naceu durante o reinado da emperatriz Isabel, no palacio de verán da cidade de San Petersburgo, o 1 de outubro de 1754, sendo o único fillo da Gran Duquesa Catarina, a cal da a entender nas súas memorias que o pai de Paulo non era o Gran Duque Pedro senón o seu amante, Sergei Saltykov. Os partidarios de Catarina afirmaban que Pedro III era estéril, e foi incapaz de manter relacións sexuais ata que realizou unha intervención quirúrxica.

Durante a súa infancia, Paulo foi apartado da súa nai pola emperatriz Isabel, quen encargouse persoalmente da súa educación. De neno foi considerado intelixente e fermoso, algo que cambia tras sufrir un ataque de tifo en 1771, que afea as súas faccións.

Reinado[editar | editar a fonte]

Ascendeu ao trono ao morrer a súa nai o 17 de novembro de 1796. O seu primeiro mandato foi para solicitar información sobre o testamento da falecida, e distribuílo, xa que rumoreábase que expresara os desexos de excluír a Paulo e deixar o trono a Alexandre, o seu neto máis vello. Estes temores contribuíron probablemente a promulgación das famosas Leis Paulinas, que establecían o estrito principio da primoxenitura na dinastía Romanov e que non podían ser modificadas polos seus sucesores.

Durante o primeiro ano do seu reinado, Paulo cambiou moitas das reformas políticas da súa nai. Acusou a moitos de Xacobismo e exiliou a persoas só polo feito de levar roupa de estilo parisino ou ler libros franceses, tamén permitiu volver do exilio siberiano ao máis coñecido crítico de Catarina, Radíschev. O exército, cando suspendeu o ataque a Persia organizado por Catarina, foi chamado á capital no prazo dun mes da ascensión de Paulo. O seu pai foi soterrado con gran pompa no sepulcro real da Catedral de Pedro e Paulo. Para acabar co rumor da súa ilexitimidade Paulo respondeu alardeando da súa ascendencia de Pedro o Grande. A inscrición no monumento de Pedro o Grande di "Para o Gran Avó do Gran Neto", unha sutil pero evidente burla do latín "PETRO PRIMO CATHERINA SECUNDA" , a pomposa dedicación de Catarina no "Xinete de Bronce", a máis famosa estatua de Pedro en San Petersburgo.

En 1798 fixo entrar a Rusia na Segunda Coalición contra Francia, enviando a Suvórov a loitar contra Napoleón en Suíza e a Ushakov para axudar a Nelson nas súas operacións no Mediterráneo. En 1801 da un xiro a súa política exterior e cambia a unha neutralidade armada contra Gran Bretaña.

O 23 de marzo de 1801, Paulo foi asasinado no seu dormitorio do Castelo de San Miguel por unha banda de funcionarios despedidos encabezada por Xeneral Bennigsen, un hanoveriano ao servizo de Rusia. Entraron no seu dormitorio, e atoparon a Paulo agochado tras unhas cortinas. Os conspiradores trataron de obrigalo a firmar a súa abdicación. Paulo ofreceu certa resistencia, e un dos asasinos golpeouno cunha espada, sendo despois estrangulado e disparado ata a morte.

Sucedeuno o seu fillo Alexandre, quen se atopaba no palacio e a quen o xeneral Nikolai Zubov, un dos asasinos, anunciou a súa ascensión.

Notas[editar | editar a fonte]

As datas están indicadas segundo o calendario gregoriano; No século XVIII, o calendario Ruso estaba atrasado do occidental por uns 11 días, 12 días no XIX, e 13 días a principios do século XX. Non sería ata 1918, despois da Revolución cando se axustou o calendario ruso ao occidental.


 
Soberanos da Rusia preimperial
Coat of Arms of Moscow.png
Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande)
 
Tsares da Rusia Imperial
Romanov Flag.svg
Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II