María Luísa de Parma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
María Luísa de Parma
Raíña consorte de España
Maria Luisa de Parma1.jpg
María Luísa de Parma,
Reinado 14 de decembro de 1788 -
19 de marzo de 1808
Nome completo Luisa María Teresa Ana
Outros títulos
Princesa de Parma
Nacemento 9 de decembro de 1751
Parma, Ducado de Parma
Falecemento 2 de xaneiro de 1819
Palacio Barberini, Roma, Estados Pontificios
Predecesor María Amalia de Saxonia
Sucesor María Xulia Clary
Consorte Carlos IV
Descendencia véxase Descendencia
Casa Real Casa de Borbón-Parma
Pai Filipe I de Parma
Nai Luísa Isabel de Francia

María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819), foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes familiares e primeiros anos[editar | editar a fonte]

Era neta de Luís XV de Francia, irmá de Fernando I de Borbón-Parma e prima carnal dos reis franceses Luís XVI, Luís XVIII e Carlos X.

Filla de Filipe I, duque de Parma e da princesa Luísa Isabel de Francia, filla do rei Luís XV, segundo moitos historiadores recibiu unha educación discutíbel, baixo a influencia do controvertido abade sensualista francés Étienne Bonnot de Condillac (1715-1780), quen defendía certas liberdades en canto a moralidade que, naquela época, resultaban impropias das damas nobees.

Matrimonio[editar | editar a fonte]

En 1765 contraeu matrimonio co príncipe de Asturias, futuro Carlos IV; eran primos irmáns por vía paterna e parentes cercanos pola vía materna de María Luísa.

En 1788 converteuse en raíña consorte de España tras producirse a morte do seu sogro o rei Carlos III e ser recoñecido como rei de España o seu esposo, Carlos IV.

María Luísa de Parma exerceu unha grande influencia sobre o seu marido. De carácter caprichoso, chegou a participar en numerosos episodios polos que fou considerada, xa na sçua época, unha muller intrigante e, para moitos, depravada.

A familia dos duques de Parma. Cadro de 1755. Parma, Galleria Nazionale.
María Luísa de Parma, por Goya en 1789.

Sufriu unha ostensíbel deterioración física polos múltiples partos, o que lle deu un semblante pouco grato que aumentou a súa impopularidade. Ela, porén, estaba orgullosa dos seus brazos torneados e procurou embelecerse con xoias e custosos vestidos de manga curta importados de París, tal como atestiguan diversos retratos de Goya.

Estuvo enfrontada con numerosos membros da Corte española do momento. Destacou a rivalidade que mantiveron a raíña e a duquesa de Alba, musa de Goya. Tamén tivo desavenencias coa duquesa de Osuna.

Entre os numerosos amantes que se atribuíron á raíña María Luísa destaca Manuel Godoy, un antigo membro da Garda de Corps que alcanzou unha influencia política notábel porque gozou dunha elevada capacidade para manipular a María Luía e ao propio rei Carlos IV.

A sinatura do tratado de Fontainebleau e 1807, por decisión de Godoy, provocou a entrada do exército francés en España. O descontento da poboación foise estendendo, á que se dumaron as intrigas dalgúns sectores da corte que organiaron unha conxura (realmente, un golpe de Estado) na que tomou parte o seu propio fillo, o príncipe de Asturias, Fernando, futuro Fernando VII.

O 17 de marzo de 1808 tivo lugar un levantamento popular (Motín de Aranjuez) que logrou a caída de Manuel Godoy e a primeira abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.

Manuel Godoy retratado en 1790.

Napoleón Bonaparte aproveitou a situación para intervir en España e forzar a abdicación de Carlos IV en Fernando e a renuncia deste aos seus derechos de sucesión.

Napoleón obrigounos a acudir a Baiona, onde se produciu o penoso episodio que tivo lugar o 5 de maio de 1808 en dita localidade francesa e coñecido como as abdicacións de Baiona.

María Luísa acompañou ao seu marido ao desterro, primeiro en Francia, confinados por Napoleón en Compiègne, e posteriormente en Roma, onde faleceu, reinando xa o seu fillo Fernando en España, o cal ordeou o traslado dos restos dos seus pais para seren enterrados no Panteón dos Reis do Mosteiro de El Escorial.

Descendencia[editar | editar a fonte]

María Luísa e Carlos IV tiveron catorce fillos (aparte destes, a raíña tivo 10 embarazos máis que acabaron todos en abortos espontáneos, o cal suma un total de 24 embarazos):

Antepasados[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Luís XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Luís de Borbón, Delfín de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Teresa de Austria e Borbón
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando María de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana Cristina de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Enriqueta Adelaida de Saboia
 
 
 
 
 
 
 
2. Filipe de España, Duque de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. María Luísa de Parma, raíña consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Luís de Borbón, Delfín de Francia (= 8)
 
 
 
 
 
 
 
12. Luís de Francia, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. María Ana Cristina de Baviera (= 9)
 
 
 
 
 
 
 
6. Luís XV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Vítor Amadeo II de Saboia
 
 
 
 
 
 
 
13. María Adelaida de Saboia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Ana María de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
3. Luisa Isabel de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Rafael Leszczysnki
 
 
 
 
 
 
 
14. Estanislao I de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Ana Catalina Jablonowska
 
 
 
 
 
 
 
7. María Leszczynska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Carlos Opalinski
 
 
 
 
 
 
 
15. Catalina Opalinska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Sofía Czarnkowska
 
 
 
 
 
 

Outros datos[editar | editar a fonte]

  • María Luísa de Parma foi un dos membros máis impopulares da realeza española ao longo da historia. Hoxe en día téndese a matizar a lenda negra que ensombreceu a súa reputación no século XIX. A súa relación con Manuel Godoy, aínda que moi estreita, puido carecer da compoñente sexual que se lle supoñía.
  • De nova foi unha princesa de aspecto agradábel, polo menos segiundo se deduce dos retratos que se coñecen de Mengs e outros artistas. Pero xa casada os sucesivos partos, e o pasar a varíola, fixeron que perdese case toda a dentadura, como era común na época, polo que tivo que recorrer a dentes postizos de marfil. Estas próteses asombraban pola súa perfección.
  • Aínda maior, sentíase orgullosa da turxencia dos seus brazos, e encargaba os seus vestidos con mangas curtas apropiadas para lucilos.
  • O seu protexido, o primeiro ministro Godoy, regalolle un cabalo (chamado Marcial) co que foi retratada por Goya.


Predecesor:
María Amalia de Saxonia
Raíña consorte de España
1788 - 1808
Escudo de María Luísa de Borbón-Parma
Sucesor:
María Xulia Clary

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas nas que aparece o personaxe de María Luísa de Parma.

Ano Filme Director Actriz que interpreta á raíña
2006 Os fantasmas de Goya Miloš Forman Blanca Portillo
1999 Volavérunt Bigas Luna Stefania Sandrelli
1995 Carlota Xoaquina, Princesa do Brasil Carla Camurati Vera Holtz

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]