Zona especial de conservación do Baixo Miño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°58′58″N 8°42′35″O / 41.982900, -8.709600

Baixo Miño
Foz do Miño desde Caminha.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 2870,95 ha. (46% área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004[1], ZEC o 31 de marzo de 2014[2][3].
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra, Ourense
Concellos: Arbo, A Cañiza, Crecente, A Guarda, As Neves, Padrenda, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui.
Ríos: río Miño, río Ribadil, río Deva, río Termes.
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

O Baixo Miño é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que ampara á meirande parte do final do leito fluvial final do río Miño. O ZEC conserva 2870,95 ha., dos cales o 46% son augas mariñas, dos concellos das comarcas de Terra de Celanova, da Paradanta, do Condado e do Baixo Miño.[1][2][3][4][5]

O seu interese de conservación está nos seus ecosistemas intermareais, ribeiras de bosques diversos, a súa riqueza piscícola e as aves que habitan na súa zona exterior.[5][4]

Un treito final deste espazo, que só abrangue territorio do Baixo Miño, é tamén é unha zona de especial protección para as aves (ZEPA), a do Esteiro do Miño.[6][7] O ZEC e a ZEPA galegos forman un continuo protexido transfronteirizo cos espazos portugueses LIC do Rio Minho e ZEPA Estuário dos rios Minho e Coura.[6][8][9][10]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Baixo Miño protexe o territorio ribeirego do treito final, e suroccidental, do río Miño e as augas estritamente galegas deste. Inclúe terreo e augas de Padrenda (na Terra de Celanova), Crecente, a Cañiza e Arbo (da Paradanta), As Neves e Salvaterra de Miño (do Condado), e Tui, Tomiño, O Rosal e a Guarda (do Baixo Miño).

En Padrenda só inclúe unha área reducida pois alí só protexe parte do río e ribeira ao pé do encoro de Frieira en Desteriz. Esa é a única parte ourensá protexida. O espazo inclúe varios leitos de afluentes menores do Miño. Desde O Couto, A Cañiza, e pasando por Crecente, acolle ao río Ribadil; desde Mourentán, Arbo acolle ao río Deva; e desde San Cibrán de Ribaterme, As Neves acolle ao río Termes. O espazo protexido remata na punta de Santa Trega na boca do esteiro do Miño. Inclúe a illas como a de Fillaboa, a Insua do Castro, a parte galega da Insua Grande ou a da Canosa.

Desde Sobrada, Tomiño, a área litoral de esteiro e de augas mariñas que acolle o ZEC son tamén Zona de especial protección para as aves (ZEPA) Esteiro do Miño. Con todo, o ZEC cobre áreas terrestres no Rosal e na Guarda que a ZEPA non cobre.

Na beira portuguesa continúa co LIC do Rio Minho (que vai desde Monçao ata Caminha)[8] e coa ZEPA Estuário dos rios Minho e Coura (que vai desde Valença ata Caminha)[9] , e que co cal, cobren do mesmo xeito as marxes portuguesas do Miño.[8][9] En menor superficie linda coa LIC Litoral Norte, xa na boca exterior do esteiro do Miño.[10]


Hábitats[editar | editar a fonte]

A diversidade hábitats deste espazo é alta pois acolle desde espazos mariños a áreas urbanizadas deste litoral. Os hábitats que dominan neste espazo son os esteiros, as chairas lamacentas e areosas da beira do río, a vexetación halófila, os bosques de abeneiros e freixos e os prados de sega. Os hábitats de máis interese de conservación presentes son as dunas de costa de vexetación xa fixa, as estepas de gramíneas de medra anual e os bosques de ribeira de abeneiros e freixos. Os prioritarios en canto a conservación é o territorio das zonas húmidas de ribeira e os corredores fluviais. Destaca tamén a variedade de bosques, xa que van desde os mixtos das veigas, os de ribeira con salgueiros (Salix alba) chopos brancos (Populus alba) e os sobreirais.[5][4]

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Entre as especies presentes do catálogo galego de especies ameazadas están[4][3][5]:

Especie
Jasione lusitanica
Narcissus cyclamineus
Woodwardia radicans

Fauna[editar | editar a fonte]

Nas augas do Baixo Miño atópanse poboación de salmón común (Salmo salar) e lampreas (Petromyzon marinus). Destacan a presenza de salamántigas rabilongas (Chioglossa lusitanica), os sapoconcho riscado (Mauremys leprosa), as aguaneiras (Galemys pyrenaicus) e as londras (Lutra lutra). O último tramo do río Miño destaca pola súa diversidade de aves, que suma 35 especies catalogadas como de alto interese de conservación.[4][5] É por iso que tamén é unha ZEPA (Esteiro do Miño).[7][6]

Entre as especies presentes (agás aves) do catálogo galego de especies ameazadas están[4][3][5]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Invertebrados Oxygastra curtisii
Peixes Alosa alosa
Peixes Alosa fallax
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Petromyzon marinus
Peixes Rutilus arcasii
Peixes Salmo salar
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Emys orbicularis
Réptiles Lacerta schreiberi
Réptiles Mauremys leprosa
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Lexislación[editar | editar a fonte]

O Baixo Miño foi declarado como Lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4][3][5] A ZEPA do Esteiro do Miño complementaríaa a protección a aves en 2004.[7][6]

A vertente portuguesa do treito do Miño está protexida na súa totalidade pola figura de LIC Rio Minho, que foi proposto en 1997 e confirmada como tal en 2004.[8] Do mesmo xeito, todo o litoral aberto ao oeste de Caminha está protexido polo LIC Litoral Norte tamén desde 2004.[8] Complementado á ZEPA galega, a ZEPA Estuários dos Rios Minho e Coura compleméntaa protexendo superficie desde a Valença ata o mar aberto portugués.[9][11]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140007 Baixo Miño". Consultado o 30/9/2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES1140007 Baixo Miño". Consultado o 30/9/2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "ES0000375 Esteiro do Miño". Consultado o 30/9/2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEPA ES0000375 Esteiro do Miño". Consultado o 30/9/2020. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "PTCON0019 - Rio Minho". Consultado o 30/9/2020. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "PTZPE0001 - Estuários dos Rios Minho e Coura". Consultado o 30/9/2020. 
  10. 10,0 10,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "PTCON0017 - Litoral Norte". Consultado o 30/9/2020. 
  11. Instituto da Conservação da Natureza e das Florestas, I.P. (ICNF) (eds.). "RN2000 em Portugal continental". Arquivado dende o orixinal o 10/10/2020. Consultado o 30/9/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]