Club Xuventude Sanxenxo
Xuventude Sanxenxo | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Xuventude Sanxenxo | ||
Fundación | 1983 | ||
Estadio | Baltar de arriba | ||
Presidente | Manuel Veiga Fontán | ||
Adestrador | Óscar García | ||
Liga | Preferente – Grupo Sur | ||
2016–17 | 14º | ||
Patrocinador | Viajes Inter Rías | ||
Na rede | |||
| |||
O Club Xuventude Sanxenxo é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1983 en Sanxenxo. Na actualidade compite na Preferente Autonómica de Galicia.
Historia
[editar | editar a fonte]Logo da desaparición coa Guerra dos equipos locais da Juventud Sangenjina e do Libertad Sociedad Cultural, non houbo un equipo de fútbol en Sanxenxo ata 1983, cando unha directiva liderada por Joaquín Lobato Pintos funda o Xuventú. Sendo este o fundador e primeiro presidente do equipo sanxenxín. O primeiro partido xogouno contra o Ribadumia Club de Fútbol ó que venceu o 5 de setembro de 1983.
Na tempada 1996-97 o equipo acada o campionato de preferente sur e xoga a final absoluta contra o Laracha ao que vence por 1 - 0 esa mesma tempada ascende por primeira vez a Terceira División.
Datos do club
[editar | editar a fonte]- Tempadas en 1ª: 0
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 0
- Tempadas en 3ª: 4
- Tempadas en Preferente Autonómica: 9
Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
|
Palmares
[editar | editar a fonte]Final da Preferente Autonómica (1) 1996-97
Preferente Autonómica (1) 1996-97
Terceira División Autonómica. (1) 1990-91