Xurxo Martínez
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | escritor, investigador |
Premios | |
Xurxo Martínez González, nado en Coia (Vigo) en 1984, é un escritor e investigador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e premio extraordinario de tese de doutoramento.[1] Formou parte do ILG, do Proxecto Sarmiento do Consello da Cultura Galega e de Informes de Literatura, do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Participa en varios grupos de investigación sobre temas relacionados co século XIX galego. Dende o ano 2017 é o responsable técnico do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela.[2] Formou parte da directiva da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).[3] Impulsou e foi o primeiro secretario da Federación de Asociacións da Ribeira Sacra.
A nivel político, é militante arredista dende os 17 anos, participando en AMI. Formou parte do Comité Central e do Comité Executivo da Fronte Popular Galega (FPG) até 2009. Posteriormente intégrase na coordinadora da Rolda de Rebeldía, que daría paso ao Novo Proxecto Común, do cal nacería Anova-Irmandade Nacionalista. Integrouse na súa Coordinadora Nacional e, despois, na súa Dirección Permanente até 2017. Neste tempo participa en Alternativa Galega de Esquerda (AGE) e En Marea, coalicións electorais nas cales participou Anova.
En canto á militancia sindical, integrouse na Corrente Sindical de Esquerdas, dentro da CIG, e actualmente é o secretario da sección sindical no Concello de Redondela.
En abril do ano 2022 conseguiu, após un proceso xudicial de catro anos, unha histórica sentenza pola que o TSXG obrigaba á Axencia Tributaria a garantir a atención en galego.[4][5]
Publicou traballos de investigación en Grial, A Trabe de Ouro, Murguía. Revista Galega de Historia, Glaucopis. Boletín do Instituto de Estudo Vigueses, Boletín Avriense, Boletín Galego de Literatura, Anuari Verdaguer, Itinerarios ou Arraianos. Colabora na prensa dixital e escrita (Vieiros, A Peneira, Altermundo, Praza Pública, El Progreso, Nós Diario e Faro de Vigo).[6]
Presentou a súa tese de doutoramento, dirixida por Gonzalo Navaza, sobre o periódico La Oliva (1856-1857), coa cal acadou a cualificación de sobresaínte cum laude e o Premio Extraordinario da Universidade de Vigo. É especialista na época do Rexurdimento, no primeiro provincialismo e na prensa decimonónica (en particular a da cidade de Vigo). Sobre estes temas participou en distintos congresos e conferencias.[7]
Como investigador histórico sacou á luz traballos sobre Rosalía de Castro, Aurelio Aguirre, Ramón Villar Ponte, Fuco Gómez, Luís Soto, Martín Sarmiento, Fermín Penzol, Eduardo e Alejandro Chao, Juan Compañel ou Roberto González Pastoriza. Colaborou nos libros colectivos de homenaxe a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís González, Antía Cal e Xosé González Martínez.
Forma parte de diversos grupos de investigación (GAELT, Universidade de Vigo; Illa, Universidade da Coruña; GELIV, Universidade de Barcelona) e colabora con outros centrados na investigación da literatura oitocentista.[2]
Presidiu a asociación cultural A Nave das Ideas, impulsora do Día das Artes Galegas. Mantén o blog O murmurio das ondas[8].
Foi nomeado vicepresidente da Asociación de Veciños/as de Vilachá de Salvadur (A Pobra do Brollón).[9]
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Fuco Gómez (2007). Asociación Galega de Emigrantes Retornados.[10]
- Luís Soto. A xeira pola unidade galega (2011). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 264 páxs. ISBN 978-84-9914-314-9.
- Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro (2012). Vigo:Galaxia. Con Armando Requeixo. 134 páxs. ISBN 978-84-9865-462-2.[11]
- Galicia ante todo. Páxinas esquecidas do Rexurdimento (1840-1853) (2017). Lugo: Alvarellos.[12] Editor. 269 páxs. ISBN 978-84-16460-21-2. Prólogo de Xosé Ramón Barreiro.
- Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (2018). Vigo: Xerais. Coa coautoría de Emilio Ínsua.[13] 664 páxs. ISBN 978-84-9121-304-8.[14]
- Co pensamento na patria. Escolma de artigos de Antón Villar Ponte (2020). Vigo: Editorial Galaxia. Editor. 236 páxs. ISBN 9788491515630.
- Marxes. Guía ilustrada do Vigo rebelde (2021). Vigo: Xerais. Ilustracións de David Rodríguez. 208 páxs. ISBN 978-84-9121-703-9.
- Reboiras. O camiño da rebeldía (2021). Allariz: Aira Editorial. Coa coautoría de Xosé Manuel Pereiro. 223 páxs.[15]
- Querida Liberdade. Vida e Obra dun precursor do Rexurdimento. Antolín Faraldo (2022). Lugo: Alvarellos.[16] Edición e estudo de Xurxo Martínez. ISBN 978-84-18567-17-9.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
- "Roberto González Pastoriza, un xurista de lei", 2013, Irmandade Xurídica Galega.
- Rosalía na cobiza do lonxe, 2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión, 2013, Bubela.
- Recuerdos de agosto. Obra poética 1850-1858, de Aurelio Aguirre, con Olivia Rodríguez, 2013, Alvarellos Editora.
- Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Historial dun libro), con Luis Alonso Girgado e Luis Cochón Touriño, 2015, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
- "Recordo dos Villar Ponte: Antón e Ramón", Arredor das Irmandades da Fala, 2016, Xerais.
- "Roberto González Pastoriza, crónica dun avogado galeguista", en Xuristas das Irmandades da Fala. 2016, Galeguizar Galicia.
- "Contra a desmemoria", prólogo do Centenário das Irmandades da Fala. 30º Festival da Poesía no Condado. 2016, SCD Condado.
- Os últimos carballos do Banquete de Conxo, con Henrique Alvarellos, Francisco Singul e Martín Souto. 2016, Alvarellos Editora.
- Fermín Penzol, rexistrador, bibliófilo e galeguista, 2017, Galeguizar Galicia.
- Roseiras de rosas roxas. Homenaxe poética a Manuel Leiras Pulpeiro, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
- Versos fideis. Premios de poesía Díaz Jácome para novos creadores, 2019, Concello de Mondoñedo (eds. Belén Bouzas e Armando Requeixo).
Premios
[editar | editar a fonte]- En 2011 gañou a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome co poemario Nocturno de Mondoñedo[17].
- En 2012 I Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro[18].
- Finalista no premio Losada Diéguez 2012.
- En 2013 gañou o primeiro premio de poesía do certame literario de Universidade de Vigo cun poema titulado "Río Miño"[19].
- En 2014 recibiu o primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto titulado "Dúas pezas de ouro" e o segundo premio tamén da Universidade de Vigo co poemario "Turonio".
- En 2015 fíxose co primeiro premio de relato curto da Universidade de Vigo co conto "Fragmentos".
- En 2016 recibiu o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento da Universidade de Vigo.
- En 2019 recibiu o Premio da Gala do Libro Galego na categoría de Ensaio e investigación polo libro Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte (Xerais, 2018), compartido con Emilio Ínsua.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ 2,0 2,1 "Xurxo Martínez González – Asociación Internacional de Estudos Galegos". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Asociación Internacional de Estudos Galegos – Un lugar de encontro para amantes de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Xurxo Martínez: "Nun mundo no que mandamos máquinas a Marte, non pode ser o que o Estado non garanta un servizo en galego"". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ "O TSXG obriga a Axencia Tributaria a garantir o uso do galego". Nós Diario. Consultado o 2022-04-11.
- ↑ "Xurxo Martínez González". Dialnet (en castelán). Consultado o 2021-06-15.
- ↑ Cervantes, Biblioteca Virtual Miguel de. "Obras de Martínez González, Xurxo, 1984- - Pag. 1". www.cervantesvirtual.com (en castelán). Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Acerca de". O murmurio das ondas.
- ↑ "Vilachá de Salvadur". Vilachá de Salvadur. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ $fb_urllavozdegalicia (2007-11-06). "Xurxo Martínez adéntrase na figura de Fuco Gómez". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Vida e Obra de Manuel Leiras Pulpeiro Galaxia LG3 | O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-06-15.
- ↑ "Ficha do libro na páxina web da editorial". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2019. Consultado o 28 de xaneiro de 2019.
- ↑ Ínsua, Emilio; Martínez, Xurxo (2018). Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-304-8.
- ↑ Diario, Nós. "Reparar as biografías da nación". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15.
- ↑ Villar, Miro (xaneiro, febreiro, marzo 2022). "Humanizar e deconstruír un mito". Grial LX (233): 111–113. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Querida Liberdade". Alvarellos Editora. Consultado o 2022-05-03.
- ↑ Xurxo Martínez González gaña a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome
- ↑ Xurxo Martínez González gañao Premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro
- ↑ Xurxo Martínez González gaña o primeiro premio da Universidade de Vigo
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2021-06-15.