Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo
Os Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo (coñecidos ata 1998 como Premios de relato e poesía da Universidade de Vigo e entre 1999 e 2001 como Premios de relato, poesía e teatro da Universidade de Vigo) son uns galardóns literarios creados no ano 1997[1] que con carácter anual distinguen tres modalidades: poesía, narrativa curta e tradución. Están organizados pola Universidade de Vigo, a través dos equipos de Normalización lingüística, a partir dun convenio de colaboración asinado entre Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a dita Universidade[2].
Na edición de 2017 fixouse un primeiro premio de 700 € e dous accésits de 250 € para cada categoría.
Modalidades
[editar | editar a fonte]Nas modalidades de poesía e relato curto, os textos deberán ser orixinais e non publicados nin premiados en ningún outro certame, de tema libre con esta extensión: para poesía, un mínimo de 100 versos e máximo de 150; para o relato curto: mínimo de 8 folios e máximo de 12. Na modalidade de tradución literaria, integrada no ano 2002, prémianse textos traducidas dende calquera idioma ao galego, cun mínimo de 8 páxinas e un máximo de 20.[3] Nas edicións dos anos 1999, 2000 e 2001 existiu a modalidade de teatro.
ano | Relato curto | Poesía | Tradución | Teatro |
---|---|---|---|---|
1997 | Tirant, de César A. López Cisneros | Dez poemas de amor verdadeiro, de Ángela Eva Rei | ||
1998 | Copia e castigo, de Gonzalo José Iglesias | Evanxelina Mardefondo, de José Luis Álvarez | ||
1999 | Pensión de madrugada, de Pablo Vázquez | A vella e coñecida historia do mariñeiro... de Xosé Luis Álvarez | A Doncela Cerva, de Rita Paredes e Fernando Pazó | |
2000 | O home e os medios, de Daniel González Vázquez | O tempo dos mirtos de Lucía Novás Garrido | Un home e unha muller, de José Rosendo Cid Menor | |
2001 | A ánfora, de Daniel González Vázquez | Gallaecia, de Daniel Landesa Porras | Aceite de can (de Ambrose Bierce), traducido por Moisés Barcia Rodríguez | Perante o espello, de Iván Fernández Diéguez |
2002 | Nova fuga de Fanto Fantini, de Paula Costa González | Ars Artis, de Isaac Xubín | Os irmáns Corazón de León (de Astrid Lindgren), traducido por Marta Dahlgren-Thorsell e Liliana Valado Fernández | O valedor do reino, de Xoán Bernárdez Vilar (Biblioteca Virtual Galega, 2002).[4] |
2003 | Todos estrañan a Daniel, de Robert Duif | Roupa a secar ao sol, de Alba Vidal Fernández | Chronica Hermirici (de varios autores), traducido por Xoán Bernárdez Vilar | |
2004 | Globalización vs. Castañas Loureiro, de Daniel González Vázquez | 8º 42'N 9º 6º W, de Isaac Xubín | Os alicerces da paz (de Winston Churchill), traducido por Eva Almazán García | |
2005 | Os reinos da conciencia, de Alberto Rodríguez Díaz | Neste bosque, de Silvia Penas Estévez | Meles Vulgaris (de Patrick Boyle), traducido por Isabel Arjones Porto | |
2006 | O mellor da vida, de Alberto Comesaña Campos | Os animais son universais porque non teñen retranca, de Xabier Xil Xardón | As metamorfoses e os amores das pedras preciosas (de Rémy Belleau), traducido por Iván Sestay Martínez | |
2007 | A verdade nun espello deformado, de Miguel Segador López | Fun caer aquí, de Ledicia Costas | Rashōmon (de Ryūnosuke Akutagawa), traducido por Gabriel Álvarez Martínez | |
2008 | Pantasmas na taiga, de Miguel Segador López | Contrapicado dobre, de Xabier Xil Xardón | O Dong de nariz luminoso (de Edward Lear), traducido por Raquel Uzal Gómez | |
2009 | A sorte está de cara, de Raquel Fernández González | Talvez o infortunio, de Anxo Manuel Rodríguez Ratel | Despois (de Pedro de Axular), traducido por Isaac Xubín | |
2010 | A rúa do home abatido, de Ledicia Costas Álvarez | Marés de xiz, de Xosé Daniel Costas Currás | O código 11:11 (de Hilary H. Carter), traducido por Carmen Barros Rodríguez | |
2011 | Espellos, de Virxilio Rodríguez Vázquez | Dime de ti, de Xosé Daniel Costas Currás | (deserto, premiados dous accésits) | |
2012 | Navy Bar, de Xandra Táboas Martínez | A cor dura da pel, de Marisol Gándara Sánchez | (deserto, premiados dous accésits) | |
2013 | Cativa, de Ana María Rodríguez González | Río Miño, de Xurxo Martínez González | Hanwell o Vello (de Zadie Smith), traducido por Belén Poutón Reboredo | |
2014 | Dúas pezas de ouro, de Xurxo Martínez González | Da miña terra, de Rubén Varela Borrazás | A reserva dos lebrílopes (de Angela Readman), traducido por Paloma Barrera Crespo | |
2015 | Fragmentos, de Xurxo Martínez González | 15C, de Anxo Mena Rodríguez | Contrarrimas (de Paul-Jean Toulet), traducido por Marta Santamaría Domínguez | |
2016 | Cadea trófica, de Xosé Sobral Amoedo | (A)fogar, de Arancha Rodríguez Fernández | Presenza e outros poemas (de Mathura), traducido por Luísa Iglesias Taboada | |
2017 | Misións, de Lidia Dosil Tajes | Hadewijch, de Genaro da Silva Méndez | Do que falamos cando falamos do amor (de Raymond Carver), traducido por Manuel Arca Castro | |
2018 | K.A.R.M.A., de Francisco Javier Fernández Davila[5] | As espiñas do ourizo, de Noa Rodríguez Méndez | Tradución dun texto de Raymon Carver, traducido por Manuel Arca Castro [6] | |
2019 | O tirador, de Xosé Sobral Amoeado[7] | Presal, de Luís López Alonso | Leite e mal (de Rupi Kaur), traducido por Gema Rocha Molina | |
2020 | ||||
2021 | O Forxán e os asteroides, de Fabio Rivas Pardo | Cyberfolk, de Branca Trigo Cabaleiro | O camiño imperfecto (de Xosé Luís Peixoto), traducido por Joaquín García Domínguez | |
2022 | O cruceiro e as anguías, de Fabio Rivas Pardo | Bosques, de Adriana Ribas Giadás | Tradución dun texto de Christina Beck, traducido por Diego García Laranxeiro | |
2023 | O Marcos e a conquista, de Fabio Rivas Pardo | Meniña, de Natalia Otero Oubiña | Tradución dun texto de Hideaki Sena, traducido por Xulia Sánchez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dúas décadas publicando os mellores relatos curtos, poesías e traducións creados na Universidade en Diario da Universidade de Vigo, 2016.
- ↑ Bases da edición de 2017.
- ↑ Listaxe de premiados e accésits.
- ↑ "Bernárdez Vilar, Xoán". Editorial Xerais. Consultado o 17-9-2018.
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Política Lingüística e a UVigo entregan os premios de poesía, relato curto e tradución literaria". Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ Universidade de Vigo (ed.). "Premios de relato, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2018". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2018. Consultado o 16 de maio de 2018.
- ↑ "Que non cesen a lingua e a literatura galega". Universidade de Vigo. Consultado o 2020-03-13.