Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón
| Vilachá de Salvadur | |
|---|---|
| Concello | A Pobra do Brollón[1] |
| Provincia | Lugo |
| Coordenadas | 42°28′26″N 7°23′32″O / 42.473933333333, -7.3923416666667 |
| Área | 11,8 km² |
| Poboación | 53 hab. (2025) |
| Densidade | 4,49 hab./km² |
| Entidades de poboación | 4[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Mamede de Vilachá de Salvadur[2] é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Segundo o INE[3], en 2025 tiña 53 habitantes (24 homes e 29 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación a 2011, cando tiña 64 habitantes. En 1991 tiña 139 habitantes.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O topónimo procede do latín VILLAM PLANAM, "vila situada nun lugar chan". O apelido “de Salvadur” fai referencia a advocación da parroquia, San Salvador.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Atópase no sur do concello da Pobra do Brollón e limita polo sur co Canón do Sil. Nas terras que rodean o paso do río Sil fórmase a Ribeira de Val de Frades, punto coa altitude máis baixa de todo o concello. O regato de Trasmonte é o único curso fluvial que desemboca no Sil dentro dos límites do concello.
Linda coas parroquias de Liñares polo norte, Quintá de Lor e Augas Mestas polo leste, Torbeo polo sur, e Rozavales e Vilamarín polo oeste.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Mamede, que foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía acaroada ó presbiterio. Ten retablos e esculturas no interior.
- Miradoiro da Capela, no Canón do Sil.
- Adegas milenarias, que son das máis antigas da Península Ibérica. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Cata do Viño, a primeira fin de semana de maio.
- Festas de San Mamede: os días 7, 8 e 9 de agosto.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilachá de Salvadur
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Vilachá de Salvadur no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo) | |
|---|---|
|
A Abelaira | A Eirexa | Trasmonte | Vilachá |
Parroquias da Pobra do Brollón
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia 2026". Real Academia Galega. 2026-03-30. Consultado o 2026-04-07.
- ↑ "Nomenclátor. Población por unidad poblacional". INE (en castelán). Consultado o 2026-02-09.