Río Nansa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Nansa
Río Nansa (Cantabria).PNG
PaísEspaña
NacementoPeña Labra,
Polaciones (Cantabria)
Altitude1.300
Lonxitude46 km
Conca418 km²
DesembocaduraMar Cantábrico

O río Nansa está situado no norte de España, na Cornixa Cantábrica, discorre pola comunidade autónoma de Cantabria e desemboca no Mar Cantábrico.

Nace ao pé de Peña Labra na súa vertente setentrional, a uns 1.800 metros de altura. Discorre cara ao norte en dirección ao mar e nuns 7 quilómetros que hai ata Puente Pumar, localidade do val de Polaciones, recibe varios afluentes que veñen de Peña Sagra, Collado de la Cruz de Cabezuela e Puerto de Sejos. Segue cara ao norte-nordés durante outros 5 quilómetros ata Tudanca, pasando durante o seu traxecto por unha garganta en Peña Bejo (ou Caos de Bejo), que ten o nome de Estrecho de Bejo. Entre os cortes do El Potro y Peña Bejo foi construído en 1950 o encoro de La Cohilla.

Segue formando unha curva ondulada con dirección xeral cara ao norte durante 12 quilómetros ata Puentenansa, durante os cales recibe as augas á esquerda o río Vendul, que descende do Corno de Peña Sagra; e no mesmo pobo, pola dereita, o río Tibierga, que nace ao pé do monte Aa e discorre paralelo á Sierra del Escudo de Cabuérniga paralelo pola súa vertente sur.

Como a 4 quilómetros curta esta cadea montañosa, de novo nunha gran cluse, seguindo a dirección norte-noroeste, unhas veces en val bastante aberto e outras pechado entre montes ata chegar á súa desembocadura na ría Tina Menor xa no Cantábrico.

A uns seis quilómetros augas abaixo de Puente Nansa, e fronte á localidade de Celis, recibe pola esquerda ao río Tanéa, que descende de Peña Sagra, así como doutros de menor consideración.

Características[editar | editar a fonte]

  • Nacemento: Sierra de Peña Labra en Polaciones, a 1.300 metros de altura.
  • Desembocadura: Ría de Tina Menor
  • Percorrido: 46 km
  • Principais afluentes: Vendul, Tanea, Espinal, Collarín, Quivierda.
  • Superficie da conca: 418 km²
  • Achega anual: 376 hm³

Véxase tamén[editar | editar a fonte]