Jesús Aranguren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Txutxi Aranguren")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Txutxi Aranguren
Información persoal
Nome completoJesús Aranguren Merino
Nacemento26 de decembro de 1944
LugarPortugalete, España
Falecemento21 de marzo de 2011 (66 anos)
LugarBarakaldo, España
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
Sestao
Athletic Club
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1962–1975Athletic Club247(4)
Selección nacional
1962–1963España sub-183(2)
1963España afeccionados3(0)
Adestrador
1975–1976Euskadi (xuvenís)
1976–1977Athletic Club (xuvenís)
1977–1978Bilbao Athletic
1978–1980Alavés
1981–1984Recreativo
1984–1985Cartagena
1985–1986Deportivo da Coruña
1986–1988Logroñés
1988–1989Sporting de Gijón
1990Euskadi
1992Athletic Club
1994–1997Alavés
1998Levante
1984–1985Cartagena
1998–2000Cartagonova
2001–2003Alavés B
2003Alavés
2003–2005Alavés B
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Jesús Aranguren Merino, coñecido como Txutxi Aranguren, nado en Portugalete o 26 de decembro de 1944 e finado en Barakaldo o 21 de marzo de 2011, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Athletic Club.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Aranguren formou parte do Sestao Sport e Athletic Club de Bilbao, onde debutou con 17 anos en Primeira División. Foi internacional xuvenil, Sub-21 e militar, proclamouse dúas veces campión de Copa.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Adestrou ao Athletic Club en categorías infantil e xuvenil, dirixindo uns partidos ao primeiro equipo en 1992 tras a saída de Iñaki Sáez, á Selección Biscaíña, Bilbao Athletic, Deportivo Alavés, Recreativo de Huelva, Cartagena FC en Segunda División, Levante Unión Deportiva, Deportivo da Coruña, CD Logroñés, Sporting de Xixón e, de novo, ao Deportivo Alavés, desde o inicio da tempada 1994-95, co que logrou o ascenso. Á beira do cesamento en dúas ocasións durante a campaña 1995-96, renovou como adestrador do primeiro equipo e como mánager xeral, en lugar de Javier Zubillaga, a finais de campaña. Ocupou diversos postos na estrutura técnica do Athletic Club.

Foi cesado, tras unha campaña moi pobre, o domingo 16 de febreiro de 1997, tras a derrota por 2-3 ante o Real Mallorca. Tras varios anos adestrando ao FC Cartagena, onde deixou un gran recordo, Aranguren regresou ao Deportivo Alavés para facerse cargo do equipo filial.

O 29 de abril de 2003 substituíu a José Manuel Esnal "Mané" á fronte do primeiro equipo até o final da tempada. Tras non conseguir enderezar o rumbo do equipo, que rematou por descender de categoría, Aranguren regresou a adestrar ao Deportivo Alavés B, até xuño de 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]