Sestao Sport Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sestao Sport»)
Sestao
NomeSestao Sport Club
Fundación1916
Desaparición1996 (80 anos)
EstadioLas Llanas,
Sestao, España
Inauguración1923
Capacidade8.900
Na casa
Fóra

O Sestao Sport Club, S.A.D. foi un club de fútbol español da cidade de Sestao (Biscaia). Fundouse en 1916 e tras 80 anos de historia desapareceu no verán de 1996 debido a problemas económicos. Entre os seus logros destacan as 17 tempadas que o club estivo en Segunda División, chegando a rozar o ascenso á Primeira na tempada 1986–87.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas negras e verdes, pantalón negro, medias negras e detalles en verde.
  • Uniforme alternativo: Camiseta branca con detalles en verde, pantalón verde, medias brancas.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

O Sestao Sport Club fundouse en 1916. Durante as súas primeiras décadas de historia foi un club modesto que se fogueou nas divisións rexionais do fútbol biscaíño. Tras a Guerra Civil Española foi incluído nun dos cinco grupos nos que se dividiu a Segunda división española. A inclusión do equipo de Sestao nesta categoría durante a tempada 1939–40 debeuse a motivos políticos e demográficos. A pesar do 4º lugar obtido no seu grupo, á tempada seguinte realizouse unha nova reestruturación da categoría e o Sestao quedou fóra dela. O primeiro ascenso por méritos propios do Sestao á Segunda División produciuse en 1954. Durante 7 tempadas, o River logrou manterse a duras penas na categoría, até caer por fin en 1961 á Terceira División.

Consolidación[editar | editar a fonte]

Tras máis dunha década ancorado nesta categoría, o Sestao logrou ser incluído en 1977 na creada de pouco Segunda División B. Tras unhas primeiros anos difíciles nesta categoría seguíronlle outros nos que o Sestao consolidouse como un dos "galiños" da categoría; até que finalmente en 1985 logrou o ascenso novamente a Segunda División. Comeza entón a segunda época dourada do club que se prolongará desde 1985 até 1993, durante 8 tempadas. Durante esas tempadas destaca a campaña 1986–87, na que o Sestao da man d técnico Javier Irureta rozou o ascenso e acabou en cuarto lugar, só por detrás do Valencia CF, CD Logroñés e Celta de Vigo. Ao ano seguinte o Sestao saltou á primeira plana da prensa deportiva, cando nun partido de Copa do Rei contra o Real Madrid, o dianteiro mexicano do equipo merengue, Hugo Sánchez foi alcanzado na cabeza por un botellazo lanzado desde as bancadas de Las Llanas. O campo do Sestao foi pechado durante sete partidos a causa do incidente. Na tempada 1991–92, o Sestao finalizou a campaña en 17º lugar, o que supoñía o descenso de categoría, pero aquel ano coincidiu que os clubs de fútbol tiñan que converterse en sociedades anónimas deportivas, e o Real Murcia non o fixo a tempo, polo que foi administrativamente descendido a Segunda División B e o Sestao, que si se converteu en S.A.D., salvou a categoría. Ao ano seguinte, porén, o Sestao non puido evitar que se consumara o descenso.

Desaparición[editar | editar a fonte]

O Sestao era un equipo moi modesto, dunha pequena cidade de 50.000 habitantes, que ademais se atopaba somerxida nunha grave crise económica desde finais dos anos 60. A esta debilidade económica estrutural sumouse o feito de que un club dimensionado para a Segunda División ao caer a Segunda División B, e verse privado por tanto de importantes ingresos económicos, entrou nunha crise económica case irremediable. A única solución era que algún empresario forte ou algunha institución fixéranse cargo do club, sendo para iso necesario que o club retornara á Segunda División. En 1995, ao segundo intento, o Sestao retornou a Segunda tras empatar a 1 gol ante o Castellón en Castalia, dando algo de osíxeno ao club que se atopaba nunha situación crítica. Porén, á tempada seguinte non foi quen de manter a categoría, condición indispensable para a viabilidade del club; ademais da mala xestión do presidente Azpitarte, polo que tras consumarse o descenso no verán de 1996, a S.A.D. foi disolvida e o Sestao Sport desapareceu. Non obstante, días despois, o club cambiou de nome pasándose a chamar Sestao River.

Refundación[editar | editar a fonte]

Tras a desaparición do Sestao Sport Club, fundouse un novo club en Sestao, o Sestao River Club, que tomou o relevo como equipo representativo da localidade. Tradicionalmente ao Sestao Sport se lle apodaba River, alcume que provén de que na tempada 1953–54 logrouse o primeiro ascenso a Segunda arrasando na súa categoría, e casualmente veu a Europa o River Plate da Arxentina, que fixo unha xira triunfal e por iso se lle empezou a chamar ao Sestao "River", iniciando esta tendencia Patxo Etxegibel.

Ao igual que o Sestao Sport Club, ten como lema Algo máis que o orgullo dunha vila.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Campo Municipal de Las Llanas.

O Sestao Sport Club xogaba de local no campo Municipal de Las Llanas, con capacidade para 8.900 espectadores. Tras a desaparición do club, serve de local ao Sestao River Club e á Sociedad Deportiva San Pedro.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores famosos[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Adestradores famosos[editar | editar a fonte]