Saltar ao contido

Lingua tuvalesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua tuvalesa
‘Gana Tuvalu Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
‘Gana Tuvalu (tvl) Editar o valor en Wikidata
Propiedades
 Número de falantes
13000 Editar o valor en Wikidata
 Estado de lingua da UNESCO
en perigo
Clasificación lingüística
Localización
 Orixinario de
 País
Mapas
Mapa de distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/0q4xw Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2tvl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3tvl Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5tvl Editar o valor en Wikidata
IETFtvl Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O tuvalés[1] é unha lingua polinesia do grupo Elliceano, falado principalmente en Tuvalu, onde é lingua oficial. Está distantemente relacionado con outras linguas polinesias como o hawaiano, o maorí, o tahitiano, o samoano e o tongano, e está máis relacionado con idiomas falados no norte e centro de Melanesia e parte de Polinesa. Existen 13.051 falantes de tuvalés no mundo, dos cales 10.670 viven en Tuvalu. Na illa de Kioa en Fiji habitada por colonos da illa tuvalesa de Vaitupu que chegaron a partir da segunda guerra mundial tamén se fala a lingua e constitúe a lingua de instrución.[2] O tuvalés está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.[3]

Gramática

[editar | editar a fonte]

O sistema fonético tuvalés componse de cinco vogais (a,e,i,o,u) e 10 ou 11 consoantes (p, t, k, m, n, ng, f, v, s, h, l), dependendo do dialecto. Todos os sons existen en formas curtas e longas, que contrastan entre si. Hai catro artigos posibles en tuvalés: definido singular te, indefinido singular se, definido plural nulo e indefinido plural ne ou ni (dependendo do dialecto). O verbo pode ir no inicio ou no medio da oración, e a orde de suxeito, obxecto directo e obxecto indirecto é relativamente libre. O adxectivo xeralmente segue o substantivo.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Cada illa ou atol ten o seu propio dialecto, agrupados en dúas bandas: os dialectos do norte, que se falan en Nanumea, Nanumaga, Niutao e Niulakita; e os dialectos do sur, que se falan en Funafuti, Vaitupu, Nukufetau e Nukulaelae. Todos os dialectos son intelixibles para os tuvalu-parlantes. O idioma oficial do país toma como referencia os dialectos de Funafuti-Vaitupu.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tuvalés.
  2. Mugler, France e Lynch, John (1996). Pacific Languages in Education. Institute of Pacific Studies. p. 285.
  3. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Niko Besnier, 1995, Literacy, Emotion, and Authority: Reading and Writing on a Polynesian Atoll, Cambridge University Press
  • Niko Besnier, 2000, Tuvaluan: a Polynesian language of the Central Pacific, Routledge

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]