Saltar ao contido

Illote Fongafale

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fongafale»)
Modelo:Xeografía físicaIllote Fongafale
(en) Fongafale Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoIllote Editar o valor en Wikidata
Parte deFunafuti Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaFunafuti Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTuvalu Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°31′14″S 179°11′55″L / -8.52056, 179.19873
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,63 (ancho) × 12 (lonxitude) km
Superficie2 km² Editar o valor en Wikidata

Fongafale, tamén chamado Fogale ou Fagafale, é a maior dos illotes do atol Funafuti, en Tuvalu. Ten unha área de 0´65 km², é de forma alargada cunha lonxitude de 12 km e ao redor de 10 a 400 m de ancho, co océano Pacífico Sur ao leste e a lagoa do atol ao oeste. Dentro do illote existen sete pequenas lagoas e posúe unha península chamada Tengako.

Características

[editar | editar a fonte]

A súa poboación é de 3.136 habitantes (en 2002) e posúe catro vilas (que debido ao tamaño do illote conforman unha área urbana contigua): Alapi (1.024 habitantes), Fakai Fou (1.007 habitantes), Senala (589 habitantes) e Vaiaku (516 habitantes). Este último, situado no extremo sur e occidental do illote é a vila máis importante do atol e sitúanse os principais edificios gobernamentais de Tuvalu. Tamén en Vaiaku sitúase o Aeroporto Internacional de Funafuti, na zona máis ancha do illote, percorrendo de nordés a suroeste e só unha empresa Air Fidxi ofrece voos a Suva, capital de Fidxi.

En Funafuti tamén se atopan o único hotel do país, Hotel Vaiaku Lagi, un centro de comunicacións, un cárcere, unha estación meteorolóxica, unha estación de bombeo de gasolina, un hospital, o único banco comercial de Tuvalu, a oficina postal xeral, algúns almacéns, a residencia do Gobernador Xeral e a Cámara de Tuvalu.

Só existen catro taxis no illote, polo que é común o uso de motocicletas.