Funafuti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Funafuti
Localización do atol dede Funafuti
Datos
País Tuvalu Tuvalu
Illa principal Fongafale
Linguas Tuvalés e inglés
Poboación (2012) 6.025 hab.
Superficie 2´8 km²
Superficie lagoa 275 km²
Nº de illas 33
Coordenadas 8°31′S 179°13′L / -8.517, -179.217
Maior Altura
Localización

Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico da nación insular de Tuvalu.[1][2] Ten unha poboación de 6.025 persoas,[3] polo que é o atol máis poboado do país, cun 56´6 por cento da poboación de Tuvalu. É unha estreita franxa de terra entre 20 e 400 m. de largo, que rodea unha gran lagoa (Te Namo) 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade promedio da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36´5 metros.[4] Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu. A superficie terrestre dos 33 illotes suman 2´4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.

A capital de Tuvalu ás veces dáse como Fongafale ou Vaiaku, con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.

Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país, no atol expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura.

O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale, a que ten unha poboación aproximada a esta.

O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.

Illas de Funafuti[editar | editar a fonte]

Estímanse 33 illas no atol. A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, Funafala e Motuloa.

Baías e rúas en Funafuti[editar | editar a fonte]

Aerial view of Tuvalu’s capital, Funafuti, 2011. Tuvalu is a remote country of low lying atolls, making it vulnerable to climate change. Photo- Lily-Anne Homasi - DFAT (12779656093).jpg

Lagoa TeNamo[editar | editar a fonte]

A lagoa rodeada polo atol é TeNamo. A súa lonxitude vertical é superior aos 20 km.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Map of Funafuti. Tuvaluislands.com. 
  2. Lal, Andrick. South Pacific Sea Level & Climate Monitoring Project - Funafuti atoll (PDF). SPC Applied Geoscience and Technology Division (SOPAC Division of SPC). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 23 de decembro de 2017. 
  3. "Population of communities in Tuvalu". Thomas Brinkhoff. 11 de abril de 2012. Consultado o 20 de marzo de 2016. 
  4. Coates, A. (1970). Western Pacific Islands. H.M.S.O. p. 349. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]