Unión Ciclista Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "UCI")
Unión Ciclista Internacional (UCI)
Union cycliste internac logo.png
Nome completo Union Cycliste Internationale
Ámbito Mundial
Fundación 14 de abril de 1900
Deporte Ciclismo
Número de socios 185
Presidente Flag of the United Kingdom.svg Brian Cookson
Secretario Xeral
Sede Aigle, Suíza
Páxina web oficial


A Unión Ciclista Internacional (UCI) é a asociación de federacións nacionais de ciclismo. Foi creada o 14 de abril de 1900 en París integrando inicialmente ás federacións de Francia, Bélxica, Italia, Suíza e Estados Unidos de América sendo o seu primeiro presidente o belga Emile de Beukelaer.

Actualmente a sede da UCI está en Aigle (Suíza) e o presidente en funcións é dende setembro do 2013 o británico Brian Cookson.

Historia[editar | editar a fonte]

Sede da UCI en Aigle, Suíza.

A UCI foi fundada o 14 de abril de 1900 en París polas organizacións nacionais de ciclismo de Francia, Bélxica, Italia, Suiza e Estados Unidos.

En 1965, presionados polo Comité Olímpico Internacional, a Unión Ciclista Internacional dividiuse en dúas federaciós coordinadas pola UCI: a "Federación Internacional de Ciclismo Amateur" (FICA) e a "Federación Internacional de Ciclismo Profesional" (FICP). A Federación Amateur colocou a súa sede en Roma, a Federación Profesional en Luxemburgo e a UCI en Xenebra.

A Federación Amateur era a máis grande das dúas novas organizacións, xa que contaba con 127 membros diferentes de cinco continentes. Estaba dominada polos países de Europa do leste, que na súa maioría eran amateurs. Ademais, as carreiras dos Xogos Olímpicos eran só para amateurs. Estes ciclistas só se enfrontaban aos profesionais en raras ocasións.

En 1992, a UCI unificou a FIAC e a FICP, fusionándoas dentro dela. Toda a organización trasladou a sede a Lausana.

Funcións[editar | editar a fonte]

A función principal que realiza a UCI é a de promover e favorecer o ciclismo como deporte en todos os seus hámbitos e apoiar ao colectivo de ciclistas que levan a cabo o deporte. Outras das funcións principais son:

  • Revisar e mellorar o regulamento no caso de que sexa necesario.
  • Levar a cabo un programa de formación ciclista.
  • Organizar probas e campionatos ciclistas para reforzar o deporte e a competición.
  • Revisar o calendario ciclista internacional para o correcto funcionamento e a viabilidade das probas en función dos requerimentos que se presentan ao longo da tempada.
  • Manter as relacións co Comité Olímpico Internacional para a colaboración na organización de todo o relacionado cos futuros eventos relativos ao ciclismo en cada unha das edicións dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.
  • Potenciar e fomentar a loita contra o dopaxe no ciclismo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Unión Ciclista Internacional