A proba comezárona 22 equipos: os 18 da categoría UCI WorldTour, mailos 4 franceses da categoría Profesional Continental. En total, pelotón contou con 175 ciclistas, 8 por equipo (excepto o Lotto-Soudal que partiu con 7) dos cales remataron 131.
Seguindo o acordo vixente dende 2010, o percorrido da carreira comezou no departamento de Yvelines cun prólogo de 6'1 km para rematar cunha etapa de media montaña de 134 km con inicio e final na cidade costeira de Niza o 13 de marzo. A etapa raíña foi considerada a 5ª, que se celebrou nun trazado montañoso de 177 quilómetros entre Niza e La Madone d'Utelle. Ademais, a 3ª etapa da carreira foi cancelada polos organizadores debido á gran cantidade de neve caída.