Saltar ao contido

IAM Cycling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un corredor do equipo.

O IAM Cycling (código UCI: IAM) é un equipo ciclista que compite no UCI WorldTour logo de ascender da categoría Profesional Continental na tempada 2014. Este conxunto foi fundado no ano 2013 e o seu patrocinador principal é IAM Independent Asset Management SA. O IAM monta bicis Scott con compoñentes Shimano e rodas da marca DT Swiss.

O proxecto de creación do IAM Cycling foi anunciado o 19 de abril de 2012 durante o Tour de Romandía, porén, a súa presentación oficial celebrouse o 10 de decembro de 2012. Na tempada 2013, o IAM comezou na categoría Profesional Continental e nese mesmo ano obtivo unha invitación para disputar a París-Niza.

Na tempada seguinte, a do 2014, o equipo confirmou as fichaxes de ciclistas como Sylvain Chavanel, Jérôme Pineau, Mathias Frank ou Roger Kluge. Ademais tamén participou no Tour de Francia e na Volta a España.

No mes de maio de 2016, o equipo anunciou que desaparecería ao final da tempada e que non habería unha posibilidade secundaria para proseguir.

Autobús do equipo na tempada 2016.
O coche e as bicis que utiliza o equipo.

Na tempada final do 2016

CiclistaNacementoEquipo anterior
Suíza Marcel Aregger28 de agosto de 1990Atlas Personal-Jakroo (2012)
Austria Matthias Brändle7 de decembro de 1989NetApp (2012)
Francia Clément Chevrier29 de xuño de 1992Trek Factory Racing (2014)
Países Baixos Stef Clement24 de setembro de 1982Belkin (2014)
Francia Jérôme Coppel6 de agosto de 1986Cofidis (2014)
Francia Stefan Denifl22 de setembro de 1987Vacansoleil-DCM (2012)
Bélxica Dries Devenyns22 de xullo de 1983Giant-Shimano (2014)
Alemaña Martin Elminger23 de setembro de 1978Ag2r-La Mondiale (2012)
Francia Sondre Holst Enger17 de decembro de 1993Sparebanken Sør (2014)
Suíza Mathias Frank9 de decembro de 1986BMC Racing Team (2013)
Suíza Jonathan Fumeaux7 de marzo de 1988Atlas Personal-Jakroo (2012)
Australia Heinrich Haussler25 de febreiro de 1984Garmin-Sharp (2014)
Suíza Reto Hollenstein22 de agosto de 1985NetApp (2012)
Australia Leigh Howard18 de outubro de 1989Orica-GreenEDGE (2015)
Alemaña Roger Kluge5 de febreiro de 1986NetApp-Endura (2013)
Vegard Stake Laengen7 de abril de 1989Joker (2015)
Suíza Pirmin Lang25 de novembro de 1984Atlas Personal-Jakroo (2012)
Bélxica Oliver Nesen16 de setembro de 1990Topsport Vlaanderen-Baloise (2015)
Jarlinson Pantano19 de novembro de 1988Colombia
Suíza Simon Pellaud6 de novembro de 1992Atlas Personal-Jakroo (2012)
Italia Matteo Pelucchi21 de xaneiro de 1989Europcar (2012)
Cataluña Vicente Reynès30 de xullo de 1989Lotto-Belisol (2013)
Modelo:LTNb Aleksejs Saramotins8 de abril de 1982Cofidis (2012)
Australia David Tanner30 de setembro de 1984Belkin (2014)
Bélxica Jonas van Genechten16 de setembro de 1986Lotto-Belisol (2014)
Larry Warbasse28 de xuño de 1990BMC Racing Team (2014)
Suíza Marcel Wyss25 de xuño de 1986NetApp (2012)
Suíza Oliver Zaugg9 de maio de 1981Trek Factory Racing (2015)

Mellores resultados

[editar | editar a fonte]

2013

2014

2015

2016

En letra grosa as vitorias no UCI WorldTour

Campionatos nacionais

[editar | editar a fonte]

2013

  • Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  • Campionato Sueco Contra o Reloxo, Gustav Larsson
  • Campionato Letón en Ruta, Aleksejs Saramotins

2014

  • Campionato Francés Contra o Reloxo, Sylvain Chavanel
  • Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  • Campionato Suízo en Ruta, Martin Elmiger

2015

  • Campionato Australiano en Ruta, Heinrich Haussler
  • Campionato Francés Contra o Reloxo, Jérôme Coppel
  • Campionato Letón en Ruta, Aleksejs Saramotins

2016

  • Campionato Austríaco en Ruta, Matthias Brändle
  • Campionato Austríaco Contra o Reloxo, Matthias Brändle
  • Campionato Suízo en Ruta, Jonathan Fumeaux

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]