Rui Costa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Rui Costa
Rui Costa.jpg
Información persoal
Nome completoRui Manuel César Costa
Nacemento29 de marzo de 1972 (46 anos)
LugarAmadora, Portugal
Altura1,80 m.
PosiciónCentrocampista
Información de club
Club actualBenfica (director deportivo)
Carreira xuvenil
1977–1990Benfica
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1990–1994Benfica78(13)
1990–1991Fafe (cedido)38(6)
1994–2001Fiorentina215(38)
2001–2006Milan124(4)
2006–2008Benfica43(5)
Total498(66)
Selección nacional
1991Portugal sub-2011(1)
1992–1994Portugal sub-2120(7)
1993–2004Portugal94(26)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Rui Manuel César Costa, nado o 29 de marzo de 1972 en Amadora, é un ex futbolista portugués. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección portuguesa. Na actualidade é o director deportivo do SL Benfica.

Biografía[editar | editar a fonte]

Debutou no AD Fafe en 1989 antes de fichar polo SL Benfica, onde gañou a Copa de Portugal en 1993 e a Superliga en 1994. Ese ano partiu ao AC Fiorentina de Italia, onde gañou a Copa Italia e a Supercopa italiana, en 1996.

En 2001 fichou polo AC Milán, onde gañou a Liga de Campións, a Copa Italia (2003) e un Scudetto, en 2004.

En 2006 volveu ao club do seu corazón, o Benfica, asinando un contrato en branco e demostrando así o seu amor polo club que apostou por el e formouno. Xa un episodio deste xénero manifestouse antes cando nun amigable no que Rui Costa xogaba pola Fiorentina contra o Benfica en Lisboa, tocoulle marcarlle un gol ao equipo local e no canto de celebralo fixo todo o contrario, púxose a chorar e a pedir desculpas por marcarlle un gol ao Benfica en Lisboa.

Selección Nacional[editar | editar a fonte]

Pola Selección gañou o Mundial Sub-17 (1989) e o Mundial Sub-20 (1991). Ademais xogou o Mundial de 2002 e as Eurocopas de 2000 e 2004, nesta última anunciando a súa retiro da Selección.

O retiro de Rui Costa[editar | editar a fonte]

Pasaron 18 anos desde que un atrevido Rui Costa debutase co Benfica en 1991 e, desde entón, todo foron éxitos e loubanzas. Pero todo ten un fin, Rui Costa tíñao claro, "non daba para máis" e aos seus 36 anos non quería "arrastrarme polos campos". O Vitoria de Setúbal foi o rival escolleito e con el, o xogador despediuse do fútbol en activo tras unha brillante traxectoria en Portugal, pero sobre todo en Italia.

Para a historia quedará aquela dupla con Batistuta na Fiorentina dos últimos anos da década dos noventa ou a Champions League que levantou, en 2003, co Milán.

Actualmente exerce como director deportivo do Benfica, tres días despois do seu retiro da actividade profesional.

Títulos[editar | editar a fonte]

Campionatos Nacionais[editar | editar a fonte]

  • Benfica - (Portugal) - 1993 (Copa de Portugal)
  • Benfica - (Portugal) - 1994
  • Fiorentina - (Italia) - 1996 (Copa Italia)
  • Fiorentina - (Italia) - 1996 (Supercopa italiana)
  • Milán - (Italia) - 2003 (Copa Italia)
  • Milán - (Italia) - 2004 (Scudetto)
  • Milán - (Italia) - 2004 (Supercopa Italiana)

Copas Internacionais[editar | editar a fonte]

  • Milán - (Italia) - 2003 (Liga de Campións)
  • Milán - (Italia) - 2003 (Super Copa de Europa)

Distincións Individuais[editar | editar a fonte]

  • Galardoado como un dos FIFA 100 - 2004

Participacións en Copas do Mundo[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]