Lucian Freud
Aparencia
Lucian Freud, nado en Berlín o 8 de decembro de 1922 e finado o 20 de xullo de 2011,[1] é un pintor xermano-británico.
Biografía
[editar | editar a fonte]Foi fillo de pais xudeus, Ernst Ludwig Freud, un arquitecto, e Lucie Brasch. Tamén foi neto de Sigmund Freud e irmán de Clement Freud. Freud e a súa familia movéronse para o Reino Unido en 1933 debido á subida do nazismo, obtendo a cidadanía británica en 1939. Durante este período atendeu á escola de Dartington Hall en Totnes, Devon, e despois na escola de Bryanston. En 1941 foi mobilizado na mariña mercante, pasando tres meses no mar ata ser desmobilizado por invalidez.
Freud é coñecido principalmente polos seus retratos, especialmente espidos. En 1944 realizou a súa primeira exhibición en solitario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Morre aos 88 anos o pintor británico Lucian Freud". Faro de Vigo. Consultado o 2020-04-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- WebMuseum: Lucian Freud - selección de imaxes da obra de Lucian Freud (en inglés)
- Artigo en O Século Prodigioso