Jagoba Arrasate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jagoba Arrasate
Información persoal
Nome Jagoba Arrasate Elustondo
Nacemento 22 de abril de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Berriatua
Altura 169 centímetros
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Numancia (adestrador)
Carreira xuvenil
Real Sociedad
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2001 Eibar B
2001–2002 Lemona
2002–2003 Beasain
2003–2005 Elgoibar
2005–2006 Portugalete 10 (1)
2006–2007 Amorebieta
Adestrador
2007–2008 Berriatuko
2008–2010 Elgoibar
2010–2012 Real Sociedad (xuvenil)
2012–2013 Real Sociedad (axudante)
2013–2014 Real Sociedad
2015– Numancia
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Jagoba Arrasate Elustondo, nado en Berriatua (Biscaia) o 22 de abril de 1978, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. A súa posición era a de dianteiro e xogou en varios equipos vascos en Segunda B e Terceira División. Dende o ano 2015 adestra ó CD Numancia da LaLiga 1|2|3.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Arrasate xogaba como dianteiro. Formouse nas categorías inferiores da Real Sociedad de Fútbol, en cuxo equipo xuvenil chegou a xogar durante dúas tempadas, pero non chegou a dar o salto nin sequera ao filial da Real. Fichou en 1997 pola SD Eibar, en cuxo filial xogou durante as 4 tempadas seguintes, pero tampouco deu o salto ao primeiro equipo. A tempada 2000-01 xogou co Eibar B en Segunda División B tras lograr o ascenso dende Terceira.

En 2001 abandona o Eibar e ficha polo Lemona de Tercera División. Durante as campañas seguintes militou noutros clubs vascos de Terceira, como o Beasain ou o Elgoibar ata fichar en 2005 polo Portugalete, equipo acabado de ascender a Segunda B. Jagoba finalizaría a súa carreira como futbolista en 2007 tras militar unha última tempada na SD Amorebieta sen cumprir aínda os 30 anos de idade.[1]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Apenas uns meses despois de colgar as botas como futbolista debutou como adestrador do equipo do seu pobo, o Berriatuko FT, ao que dirixiu durante a tempada 2007-08 en categoría Territorial Preferente de Biscaia.

As dúas tempadas seguintes (2008-10) fíxose cargo dun equipo de máis caché, concretamente do Elgoibar, que militaba en Elgoibar. Co Elgoibar realizou un gran papel, xa que o clasificou durante dúas tempadas consecutivas para xogar a promoción de ascenso a Segunda B. O Burgos CF en 2009 e o Marino de Luanco en 2010 evitaron o ascenso dos elgoibarreses.

O bo papel realizado por un equipo que non era a priori dos potentes da categoría, chamou a atención do fútbol guipuscoano sobre este adestrador, que foi fichado pola Real Sociedad como parte do seu staff técnico. Durante as dúas seguintes campañas (2010-11 e 2011-12) adestrou os equipos xuvenís da Real, o Easo e o de División de Honra. Finalmente, ao inicio da tempada 2012-13 incorporouse o primeiro equipo como terceiro adestrador deste, sendo axudante de Philippe Montanier.[2]

Foi polo tanto copartícipe da gran tempada que levou a cabo a Real Sociedad na campaña 2012-13, na que os pupilos de Montanier despregaron un xogo espléndido e lograron clasificarse para a rolda previa da Liga de Campións tras rematar en cuarto posto ao final da tempada. Tras anunciarse pouco antes de finalizar a campaña que Montanier non aceptaría a oferta de renovación da Real Sociedad e que tanto el coma o seu segundo, Michel Troin, ían fichar polo Stade Rennais, soaron numerosos nomes como posibles substitutos do francés á fronte da Real Sociedad. Entre os nomes barallados figuraba o de Arrasate, pouco coñecido pola opinión pública, pero ben valorado dentro do club.[3]

O 7 de xuño de 2013, o presidente da Real Sociedad Jokin Aperribay confirma que Arrasate será o novo adestrador do equipo durante a tempada 2013-14, tras descartarse a fichaxe do 'Tata' Martino, primeira opción barallada polo club.[4] O equipo superou con claridade a rolda previa da Liga de Campións eliminando ao Olympique Lyonnais por un global de 4-0. Non obstante, foi eliminado da competición na fase de grupos cun só punto en 6 partidos. Na liga, o equipo conseguiu a clasificación para a Europa League logo de quedar sétimo. Na Copa do Rei, os donostiarras accederon ás semifinais por primeira vez en 26 anos, sendo eliminados polo FC Barcelona.

O 2 de novembro de 2014 foi destituído debido aos malos resultados.[5] O seu substituto foi David Moyes.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "jagoba arrasate elustondo". incondicionales.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2014. Consultado o 23 de maio de 2014. 
  2. Real Sociedad (8 de xullo de 2012). "Jagoba Arrasate incorpórase ao staff técnico do primeiro equipo" (en castelán). 
  3. López, Ángel (5 de xuño de 2013). "Arrasate, o tapado para suplir a Montanier". Mundo Deportivo (en castelán). 
  4. Ramajo, Roberto (7 de xuño de 2013). "Jagoba Arrasate é o novo adestrador da Real Sociedad". AS (en castelán). 
  5. La Real destituye a Arrasate; Marca, 2 de novembro de 2014 (en castelán)
  6. David Moyes, nuevo entrenador de la Real Sociedad; Real Sociedad, 11 de novembro de 2014 (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]