Llocnou de la Corona ou Poblenou de la Corona (en valenciano e oficialmente Llocnou de la Corona) é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.
Situado ao sur da cidade de Valencia, en terreo chairo, é o segundo termo municipal máis pequeno da provincia, despois de Emperador. Llocnou de la Corona está totalmente rodeado por Alfafar, aínda que ten especiais vínculos de veciñanza con outras cidades como Benetússer ou Sedaví, todas da Horta Sud.
A actual poboación procede dun convento que se fundou no seu lugar en 1676. Ao cabo dos anos foi abandonado e ao redor del agrupáronse algunhas casas e barracas para os traballadores das terras, tal núcleo de poboación chamábase a Corona.