Vicente Guaita
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (ca) Vicent Guaita Panadero 10 de xaneiro de 1987 (37 anos) Torrent, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 31 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vicente Guaita Panadero, nado en Torrent (Valencia, España) o 10 de xaneiro de 1987, coñecido simplemente como Guaita, é un futbolista español que xoga na posición de porteiro e milita no R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.
O seu debut en Primeira División chegou o 18 de xaneiro de 2009 co Valencia C. F. perante o Athletic Club no Estadio de San Mamés, con resultado de 3-2. Mais non foi ata o 24 de novembro de 2010 que debutou como porteiro titular do equipo, no Estadio de Mestalla, contra o Bursaspor na liga de Campións da UEFA cun resultado de 6-1.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Valencia Mestalla
[editar | editar a fonte]Formado na escola do Valencia Mestalla, o filial do equipo che, debutou en Primeira división co primeiro equipo, ao substituír ao seu compañeiro e porteiro titular Renan Brito, que se lesionou ante o Athletic Club no Estadio de San Mamés. Dito debut foi agre xa que o Valencia perdeu 3-2 fronte ao equipo branquivermello.
Recreativo de Huelva
[editar | editar a fonte]O 10 de xullo de 2009 fíxose oficial que o xogador marchaba ao Recreativo de Huelva de Segunda División, en calidade de cedido ata o 30 de xuño de 2010. Ao final da tempada no conxunto andaluz, logrou o Trofeo Zamora ao mellor arqueiro de Segunda División ao recibir unicamente 25 goles en 31 partidos disputados.
Valencia CF
[editar | editar a fonte]Volveu ao Valencia C. F., tras finalizar o prazo da súa cesión no Recreativo de Huelva, para disputar a tempada 2010-11 como «Ché» converténdose no terceiro porteiro do equipo.
O seu debut como porteiro titular prodúcese no Estadio de Mestalla, en competición de Liga de Campións da UEFA, o 24 de novembro de 2010 contra o Bursaspor. O partido finalizou cun resultado de 6 goles a 1 a favor do equipo valencianista.
O 4 de decembro de 2010 volveu xogar na liga, contra o Real Madrid, nun partido que acabou 2-0 a favor dos merengues. Días despois, o 7 de decembro, foi titular en Old Trafford fronte ao Manchester United no último partido correspondente á fase de grupos da liga de Campións da UEFA, quedando en 1-1 o marcador, pero tendo unha destacada actuación.5 Desde o partido no Santiago Bernabéu xogou todos os partidos deixando grandes paradas, aínda que durante o partido máis importante da tempada, Schalke 04 vs Valencia C. F., non estivo acertado no segundo gol do equipo xermano. Aínda así asinou unha gran tempada, obtendo a titularidade por diante dos outros gardametas do equipo valencianista.
Foi considerado como o porteiro revelación da tempada na liga española polas súas grandes actuacións.
O 19 de maio de 2011, na Casa da Cultura do seu pobo, Torrent, facíase oficial a súa renovación por tres tempadas máis, ata xuño de 2015. Ese mesmo día, anunciábase a fichaxe no Valencia do seu rival para disputar a titularidade da portería do Valencia, Diego Alves. Coa fichaxe e renovación de ambos, o Valencia asegurábase o futuro da súa portería con dúas dos mellores porteiros da liga.
Durante as seguintes tempadas, alternou a titularidade con Diego Alves, e ningún consolidouse como o porteiro fixo do equipo.
Xetafe C. F.
[editar | editar a fonte]En xullo de 2014 fichou polo Xetafe C. F. O seu debut produciuse no primeiro partido fronte ao R. C. Celta de Vigo nunha derrota 3-1 a domicilio. Na súa primeira tempada no conxunto azulón, conseguiu a permanencia a falta dunha xornada para a conclusión do campionato, sendo ademais o porteiro titular no equipo, practicamente toda a campaña, xogando un total de 29 partidos e encaixando 44 goles. Na súa segunda tempada xogou todos os partidos de Liga, encaixando 67 goles, e non podendo evitar o primeiro descenso de categoría do equipo azulón.
Durante a tempada 2016-17 o Xetafe regresou a Primeira; pero Guaita non tivo tanto protagonismo, debido ás lesións, aínda que durante o tramo final da tempada foi clave para o ascenso do conxunto azulón.
Crystal Palace F. C.
[editar | editar a fonte]O 2 de febreiro de 2018 o adestrador do Crystal Palace, Roy Hodgson, confirmou que Guaita accedera a unirse ao club o 1 de xullo nunha transferencia gratis tras a terminación do seu contrato co Xetafe.
Real Club Celta de Vigo
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro de 2023 regresou a España despois de fichar polo R. C. Celta de Vigo. Debutou o 21 de outubro, tras a expulsión do seu compañeiro Iván Villar, fronte o Atlético de Madrid nun partido que acabaron perdendo 0 a 3.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Zamora (Segunda División) | 2010 |