Ciencia dos materiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As divisións da ciencia dos materiais Estrutura, Procesamento, Prestacións e Propiedades.

A ciencia dos materiais é a rama da ciencia relativa ao estudo dos materiais e á relación entre as súas propiedades, estrutura, prestacións, formas de caracterización e procesamento.

Cada procesamento modifica a estrutura do material, alterando as súas propiedades, que á súa vez delimitan o seu emprego.

Historia[editar | editar a fonte]

As civilizacións antigas foron designadas de acordo coo dominio dos materiais: Idade da pedra, Idade do Ferro etc. No início o home só tiña acceso aos materiais naturais, tales como pedras, madeira, ósos e peles. A noción inicial baseábase na dureza: as tribos con lanzas de madeira tiñan máis dificultade en abater unha presa que tribos utilizando puntas de pedra nas súas lanzas. Após o dominio do fogo, tomouse noción dos materiais inflamábeis e non inflamábeis, así como outras transformacións dependentes da temperatura.

Co pasar do tempo foise descubrindo a posibilidade de creación de novos materiais, como cerámica e outros metais. A creación de olas e vasos nos formatos desexados deu início a unha arte secular alén de facilitar o almacenamento e o transporte de obxectos, especialmente comida e grans. O descubrimento casual de fragmentos metálicos (en moitos casos provenientes de meteoritos), de gran valor e utilidade, cedeu o paso a procedementos metalúrxicos que foron descubertos tamén en parte por casualidade, dando lugar á Idade de Bronce e despois á Idade do Ferro.

Obxectivo da ciencia dos materias[editar | editar a fonte]

Esta disciplina busca estudar as propiedades xerais dos materiais en función da súa estrutura e os procedementos aos que poden ser sometidos para mellorar estas propiedades.

Sólidos[editar | editar a fonte]

Estrutura de un polímero, o polietileno.

Entre os sólidos existen dúas divisións, a primeira por ligazóns químicas:

e a segunda por propiedades físico-químicas ou materiais de enxeñaria:

Ámbitos[editar | editar a fonte]

A estrutura cristalina é unha parte esencial nesta ciencia.

Áreas de estudo da ciencia dos materiais:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]