Nucleón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un nucleón é calquera das particules (neutróns ou protóns) que compoñen o núcleo dun átomo. O número de protóns (que teñen carga positiva) máis o número de neutróns (que teñen carga neutra) constitúen o número másico dun átomo.

Na simetría de isospín o protón e o neutrón son diferentes estados da mesma Partícula elemental: o nucleón. Esta simetría non é estritamente certa posto que o protón e o neutrón non teñen exactamente a mesma masa, pero é útil considerala no caso das interaccións fortes.