Protociencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En filosofía da ciencia, o termo protociencia (do grego antigo πρῶτος, protos, 'primeiro', 'inicial', e ciencia) úsase para describir unha nova área de esforzo científico en proceso de consolidación. É dicir, inscribe os campos de investigación nun continuum temporal: é protocientífico o que podería, no porvir, integrarse na ciencia, ou non integrarse.[1]

Ás veces os escépticos científicos refíerense ás protociencias como ciencias patolóxicas.

O termo protociencia úsase tamén ás veces para describir unha hipótese que aínda non foi probada adecuadamente polo método científico, pero que é polo demais consistente coa ciencia existente ou que, onde non o é, indícao abertamente á espera de novos feitos ou investigacións.

As protociencias poden seren disciplinas ou campos do saber nun estadio anterior ao de seren consideradas ciencias; as hipóteses presentadas poden estar ou non de acordo coas evidencias coñecidas no momento, porque as predicións asociadas ás mesmas aínda non se comprobaran empiricamente ou non podan selo debido a limitacións tecnolóxicas. Exemplos neste sentido serían a teoría da relatividade xeral, que empezou sendo unha protociencia e hoxe está considerada como ciencia, ou a teoría de cordas, considerada hoxe en día unha protociencia á espera de verificación experimental.

En sentido histórico, considérase protociencias a disciplinas como a astroloxía ou a alquimia, que deron paso á astronomía e á química coa aparición do método científico. Porén, a negativa dos seus practicantes a aceptar dito método fai que hoxe en día sexan consideradas pseudociencias.[2]

Historia do termo protociencia[editar | editar a fonte]

O filósofo da ciencia Thomas Kuhn foi o primeiro en usar esta palabra nun ensaio, publicado por primeira vez en 1970 [3]:

En todo caso, hai moitos campos —chamareinos protociencias— nos que a práctica produce conclusións contrastábeis pero que, non obstante, parécense á filosofía e ás artes no seu modelo de desenvolvemento. Penso, por exemplo, en campos como a química e a electricidade antes da metade do século XVIII, no estudo da herdanza e a filoxenia antes de mediados do XIX, ou en moitas das ciencias sociais hoxe. Tamén nestes campos, aínda que satisfán o criterio de demarcación de sir Karl, a crítica incesante e o continuo esforzo para conseguir un novo comezo son forzas primarias, e é necesario que o sexan. Porén, como sucede na filosofía e nas artes, isto non dá como resultado un progreso nítido... En resumo, a miña conclusión á que as protociencias, como as artes e a filosofía, carecen dalgún elemento que, nas ciencias maduras, permite as formas máis obvias de progreso.
Kuhn 2000, 168.

Mentres a protociencia é con frecuencia especulativa, cómpre distinguila da pseudociencia pola súa adhesión ao método científico e ás prácticas establecidas da boa ciencia, e máis notabelmente na vontade de que poida ser refutada por novas evidencias (se estas apareceran) ou suplantada por unha teoría máis predictiva.

Campos tales como a astroloxía e a alquimia, anteriores á invención do método científico, poden ser tamén considerados como protociencias. Coa chegada do método científico, produciron rapidamente os campos científicos da astronomía e a química, respectivamente, deixando a aqueles que rexeitaban adoptar o método científico na práctica dunha pseudociencia.

Máis tipicamente un campo protocientífico é aquel onde a hipótese presentada está de acordo coas evidencias dispoñíbeis naquel momento, e onde se elaborou un corpus de predicións asociadas, pero estas non foron aínda probadas (ou non poden selo, debido a limitacións tecnolóxicas actuais).

Algunhas protociencias progresan até seren unha parte aceptada da ciencia establecida. Outras fallan nesta consolidación, ou vólvense pseudocientíficas cando os seus seguidores persisten a pesar de carecer de evidencias científicas que sustenten os seus puntos de vista.

Diversas ciencias comezaron como ramas da filosofía: matemáticas, filosofía natural, economía, psicoloxía, socioloxía, etcétera.

Exemplos de protociencias[editar | editar a fonte]

O exemplo moderno máis famoso de protociencia podería ser a teoría da deriva continental tal como foi orixinalmente propuesta por Alfred Wegener (que finalmente chegou a ser un modelo científico aceptado cando os mecanismos da tectónica de placas foron comprendidos, aínda que a tectónica de placas ten diferenzas substanciais coa deriva de Wegener). Outros exemplos inclúen:

  • As diversas teorías de cordas da física, ou a ciencia cognitiva das matemáticas. A teoría de cordas adoita cualificarse de pseudocientífica por non demostrar o que intenta, a pesar de cumprir co método científico na súa totalidade e basaerse en complexas ecuacións matemáticas. O que imposibilita a súa demostración é que choca contra a concepción da realidade polas n dimensións que postula como probabelmente existentes.
  • A astrobioloxía ou exobioloxía, o estudo protocientífico de formas de vida extraterrestre, incluíndo a especulación sobre as propiedades das formas de vida baseadas en elementos distintos ao carbono. A exobioloxía foi duramente criticada por non ter un obxecto serio de estudo, e lamentabelmente adoita confundirse coa medicina aeroespacial e a enxeñaría aeroespacial, pero a diferenza radica en que a exobiología busca compoñentes orgánicos ou vida celular noutros planetas, asteriodes..., mentres que as segundas, en cambio, buscan adaptar ao home ao medio exterior.
  • A memética, o estudo de hipotéticas ideas autorreprodutoras chamadas memes. Na actualidad o seu defensor máis coñecido da teoría é o zoológo Richard Dawkins. Xeralmente os biológos consideran como falsa esta teoría por non poder demostrarse.
  • A homotoxicoloxía, que é unha escola da homeopatía que tratou de saír do unicismo da homeopatía tradicional. Efectivamente cumpre co uso dun método científico e é máis recente que o modelo Hahnemmiano. Podese considerar protociencia a pesar de que non se encontradou o mecanismo exacto da mesma. Ademais de que é unha ponte entre a homeopatía e a medicina ortodoxa, non nega as contribucións da medicina moderna, e moito menos afirma curacións milagrosas como outras medicinas alternativas. Recoñece as súas limitacións teorícas e técnicas.

Algúns campos como a acupuntura ou os soños lúcidos, as experiencias despois da morte ou EDM, a psicoanálise, poden seren tamén categorizadas como protociencias, tendo pendentes máis evidencias e a súa consolidación teórica.

Outros campos, como a parapsicoloxía están máis cerca do bordo entre a protociencia e a pseudociencia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dictionary definition, wordiq Definición de propociencia. (en inglés)
  2. Reflections on the reception of unconventional claims in science, newsletter Center for Frontier Sciences, Temple University, 1990.
  3. Thomas Kuhn: Reflections on my critics. In Imre Lakatos and A. Musgrave: Criticism and the growth of knowledge. Cambridge University Press, London (1974).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Holcomb, H. (1966): "Moving Beyond Just-So Stories: Evolutionary Psychology as Protoscience". Skeptic Magazine.
  • Hartmann, D. (1996): "Protoscience and Reconstruction". Journal of General Philosophy of Science.
  • Campbell, J. A. (1986): "On artificial intelligence". Artificial Intelligence Review.
  • Kennedy, G. (1959): Psychoanalysis: Protoscience and Metapsychology.
  • Maffei, A. C. (1969): Psychoanalysis: Protoscience Or Science?.
  • Psarros, N. (1995): "The Constructive Approach to the Philosophy of Chemistry". Epistemologia.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]