Torroella de Montgrí
| Torroella de Montgrí (es) Torroella de Montgrí (ca) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Xirona | ||||
| Comarca | Baix Empordà | ||||
| Capital | Torroella de Montgrí | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 12.570 (2025) | ||||
| Número de fogares | 245 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 65,9 km² | ||||
| Bañado por | Río Ter e Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 31 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Torroella (en) | Jordi Colomí i Massanas (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 17257 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 17199 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 171997 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | torroella-estartit.cat | ||||
Torroella de Montgrí é un municipio da comarca do Baix Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava, entre os municipios costeiros de L'Escala e Pals.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Torroella de Montgrí está situado na Costa Brava e limita ao leste co mar Mediterráneo. O núcleo de Torroella está no interior e a localidade máis poboada do concello situada na costa é L'Estartit. O municipio limita con L'Escala polo norte, Bellcaire d'Empordà polo noroeste, Ullà polo oeste, Fontanilles e Gualta polo suroeste, e Pals polo sur.
Hai dous elementos que caracterizan o territorio do municipio: o macizo do Montgrí, na metade norte, e a chaira do Baixo Ter, na metade sur. O primeiro é compartido con outros municipios, aínda que a maior parte do macizo atópase no termo de Torroella. O segundo, dominado por cultivos, está cheo de masías. Tamén pertencen ao concello as illas Medes, situadas a 1 km do núcleo de L'Estartit. Recentemente creouse o Parque Natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter para protexer o valor natural dos hábitats desta zona.
Demografía
[editar | editar a fonte]As entidades de poboación do municipio son: Torroella de Montgrí, L'Estartit, Cala Montgó, L'Abolleria i Sobrestany e as urbanizacións de Les Dunes, El Mas Pinell-la Gola, La Torre Gran i l'Estartit Residencial, la Torre Moratxa e Els Griells-La Platera.
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2013 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 3.543 | 4.264 | 4.400 | 5.175 | 5.599 | 8.454 | 11.472 |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- As Illas Medes, situadas na costa de L'Estartit e consideradas Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM).
- Ponte sobre o Ter, murallas e núcleo medieval en Torroella.
- Castelo de Montgrí, inacabado, do século XIV, situado no cume do Montgrí.
- Igrexa de L'Estartit
- Gola do Ter, na desembocadura do río Ter.
- Dunas de area ao suroeste do Montplà.
- Calas situadas entre L'Escala e L'Estartit.
Festividades
[editar | editar a fonte]- Festa maior de Sant Genís, o 25 de agosto.
- Mercado semanal os luns.
- Feira de Sant Andreu, a última fin de semana de novembro, é unha das máis antigas de Cataluña, con máis de 600 anos de historia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torroella de Montgrí |
