Pau, Xirona
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
| Comarca | Alt Empordà | ||||
| Capital | Pau | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 560 (2025) | ||||
| Número de fogares | 20 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 10,7 km² | ||||
| Altitude | 33 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Pau (en) | Pere Maluquer i Ferrer (en) Jaume Isern Ruiz (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 17494 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 17128 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 171289 | ||||
| Sitio web | pau.cat | ||||
Pau é un concello do nordés de Cataluña, pertencente á comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. Tiña en 2014 unha poboación de 569 habitantes agrupados nas entidades de Pau, els Olivars e Vilaüt.
Esténdese xunto á cunca do río Muga, pola vertente meridional da serra de Rodes. A parte máis accidentada inclúese no Parque Natural do Cap de Creus. A parte chaira pertence ao Parque Natural dos Aiguamolls de l'Empordà.
Os cultivos principais son de oliveiras e de viña. Atópase dentro da Denominación de Orixe Empordà.
Os monumentos megalíticos que se conservan na zona dolmética da serra de Rodes demostran que a súa historia remóntase a moitos miles de anos atrás. O termo pertenceu ao mosteiro de Sant Pere de Rodes durante a Idade Media. Entre os seus monumentos destacan a igrexa románica de Sant Martí (s.XI-XII) e Cal Marqués (s.XVII-XVIII).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pau, Xirona |
- Sitio web oficial Arquivado 22 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en catalán)
- Información da Generalitat de Catalunya (en catalán)
- Información do Institut d'Estadística de Catalunya (en catalán)
- Patrimonio histórico e artístico de Pau (en catalán)
