Queralbs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°21′02″N 02°09′47″L / 42.35056, -2.16306

Rúa de Queralbs

Queralbs é un concello catalán da provincia de Xirona que forma parte da comarca do Ripollès. Atópase ao norte de Ribes de Freser, ao oeste de Setcases e no límite coa Cerdaña e a comarca francés do Conflent.

Tiña en 2015 unha poboación de 1.818 habitantes, agrupados en varias entidades: Queralbs, la Farga, Fustanyà, Núria, Rialb, Serrat e Vilamanya.

No concello hai dúas igrexas románicas en Queralbs (s. X) e Fustanyà (s. XII). Ademais no termo atópase o val de Núria, onde hai un santuario no que se venera á Virxe de Núria e unha estación de esquí. Ao val accédese a pé por un camiño de montaña ou nun tren cremalleira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]