Banyoles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea do Lago de Banyoles

Banyoles é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, capital da comarca do Pla de l'Estany. Pertence ao ámbito das Comarques Gironines.

Parte do seu territorio está ocupado polo Lago de Banyoles, o lago natural máis grande da Península Ibérica. É o principal atractivo turístico da zona, pola súa beleza e pola súa oferta de actividades deportivas e de lecer. Foi subsede oficial dos Xogos Olímpicos de 1992 na modalidade de remo.

Tiña en 2016 unha poboación de 19.239 habitantes. Ademais da capital municipal, o concello inclúe seis pequenos núcleos de poboación máis: Lió, El Mas Usall, Els Pins, Puigpalter de Baix, Mas Riera e Puigpalter de Dalt.