Figueres
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Ámbito funcional territorial | Comarques Gironines | ||||
| Comarca | Alt Empordà | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Figueres | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 49.689 (2025) | ||||
| Número de fogares | 218 (1553) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 19,3 km² | ||||
| Bañado por | río Manol | ||||
| Altitude | 39 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Jordi Masquef Creus (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 17600 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 17066 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 170669 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | ca.figueres.cat | ||||
Figueres é un concello e cidade do nordés de Cataluña, capital da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona. En 2018 vivían no seu concello 46.381 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada a 39 m sobre o nivel do mar, na chaira altempordanesa, nas proximidades dos Pireneos e da fronteira con Francia. A 36 km da capital provincial, Xirona; a 136 de Barcelona e a 65 de Perpiñán, en Francia.
Historia breve
[editar | editar a fonte]O nome actual deriva do latín ficarias "figueiras", que era indicado como Ficaris no latín deturpado da Alta Idade Media. O conde de Empúries, Hugo IV, incendiou a vila, e anos máis tarde o rei Xaime I de Aragón, concedeulle unha carta foral en 1267. Dada a súa proximidade á fronteira francesa a vila foi fortificada, xogando un importante papel como praza forte durante a Idade Moderna e nos anos iniciais do século XIX. De feito o castelo de Sant Ferran foi mandado construír polo rei Filipe V, que encargou as trazas ao célebre enxeñeiro francés Vauban.
Arte e arquitectura
[editar | editar a fonte]

Da antiga muralla apenas fica a torre Gorgot, integrada hoxe no Teatro-Museo Dalí. Deben salientarse ademais os monumentos seguintes:
- O castelo de Sant Ferran (castelo de san Fernando).
- A igrexa de Sant Pere (igrexa de san Pedro).
- O Teatro-Museo Dalí.
- O Museu del Joguet de Cataluña (museo dos xoguetes), que como o seu nome indica está dedicado a xoguetes.
Tradicións e cultura
[editar | editar a fonte]Figueres está considerado como o berce da sardana. As festas de Figueres son as da Santa Cruz, celebradas cada 3 de maio. O 29 de xuño celebra a festa do patrón, san Pedro.
