Tiña en 2015 unha poboación de 5.089 habitantes agrupados en varias entidades de poboación: Bell-lloc, Bufaganyes, Canyet, Romanyà de la Selva, Salom, Santa Cristina d'Aro, Solius, el Vilar, Roca de Malvet, Camps de Santa Maria e Santa Llogaia d'Àlguema.
Dependente tradicionalmente da vila de Castell d'Aro, en 1858 formouse o concello de Santa Cristina d'Aro a partir da segregación de catro parroquias que formaban parte de Castell d'Aro: Bell-lloc, Santa Cristina, Solius e Romanyà de la Selva. A parroquia de Santa Cristina, pola súa situación no centro da Vall d'Aro e preto das vías de comunicación con Sant Feliu de Guíxols e Xirona foi escollida capital municipal.