Rupià

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rupià
Missing map.svg
Estadon/d
Capitaln/d
 • Poboaciónn/d
Linguas oficiaisn/d
 • Totaln/d
 • % augan/d
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Xentilicion/d
Fuso horarion/d
Código ISOn/d

Rupià é un concello da comarca do Baix Empordà.

Historia[editar | editar a fonte]

No concello de Rupià, no Puig Montori, localizáronse materiais dunha aldea indíxena, poboada ata o século I. No lugar de Brancós, preto de Mas Llorà, que conserva elementos anteriores ao século XVI, atopáronse abundantes restos romanos.

En documentos de 1128 xa se menciona Guerau de Rupià, da estirpe que posuía o poder feudal no lugar. A igrexa parroquial de Sant Vicenç é de estilo gótico e renacentista, aínda que xa é mencionada no ano 1139. Daquela aínda se coñecía como Rupinianum ou Rupiano (formas latinizadas de Rupià).

Durante moitos séculos Rupià estivo baixo o dominio do bispo de Xirona. Está documentado que o 5 de decembro de 1268 Guillema de Rupià vendeulle os castelos de Rupià e Fonolleres ao bispo Pere de Castellnou, parente seu, polo prezo de 34.000 sous.

A presenza do bispo deixou pegada no castelo, de estilo gótico civil, de planta rectangular e construído con cantería. Tamén se observa no nome dalgunhas rúas e prazas da vila, así como no pazo gótico, restaurado e modificado séculos despois, actual casa do concello.

En 1314 a vila de Parlavà pasou a estar baixo a súa xurisdición, e en 1316, a de Ultramort. No século XVII, Rupià converteuse na capital dunha das bailías do bispado.

Aínda son visibles na actualidade os restos das murallas, construídas a finais do século XV, que rodeaban o núcleo do concello. A porta de Amunt e a de Avall, as únicas vías de acceso ao casco histórico, son testemuño do sistema de defensa da vila.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Max Cahner; Montserrat Sagarra; et al. Gran geografía comarcal de Catalunya. Barcelona : Enciclopèdia catalana, 1982. (Vol.5- L'Alt Empordà, el Baix Empordà) ISBN 9788485194131

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]