Tortellà
Coordenadas: 42°14′7″N 2°37′52″L / 42.23528, -2.63111
Tortellà | ||
---|---|---|
Localización | ||
País | ![]() | |
Comunidade autónoma | ![]() | |
Provincia | Xirona | |
Comarca | Garrotxa | |
Xeografía | ||
Altitude | 276 msnm | |
Superficie | 11,07 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 772 hab. (2014) | |
Densidade | 69,74 hab/km² | |
Xentilicio | Tortellanenc, tortellanenca | |
Outros datos | ||
Código postal | 17853 | |
Alcalde | Rafel Domínguez Blázquez (IdT-CP) | |
Páxina web |
Tortellà é un concello da comarca da Garrotxa que se atopa na Alta Garrotxa, nas Comarques Gironines. É o décimo terceiro concello máis habitado da comarca con 771 habitantes (2010) e unha área de 11,07 km².[1] A vila está a 276 metros por riba do nivel do mar e a 18 quilómetros de Olot, 31 de Figueres e 38 de Xirona. O termo municipal delimita, comezando polo norte e seguindo o senso das agullas do reloxo, con Sales de Llierca, Argelaguer e Montagut i Oix.
A parte máis setentrional do termo municipal pertence ó PEIN da Alta Garrotxa, e está a tres quilómetros dos grandes eixos viarios da comarca, que conectan Olot con Xirona. A industria é o sector máis importante da poboación, seguido dos servizos e do sector agrícola.[2] Xunto coas poboacións limítrofes e Sant Jaume de Llierca forman unha agrupación administrativa local chamada Vall del Llierca. Estas poboacións comparten asuntos de mobilidade, de servizos, relixiosos e educativos (ZER El Llierca).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Anuari Estadístic de Catalunya. Altitud, superfície i població. Municipis a Institut d'Estadística de Catalunya
- ↑ Catalunya poble a poble, (2006), Volum 13, pàg.95-97
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tortellà ![]() |