L'Escala
Coordenadas: 42°7′37″N 3°8′6″L / 42.12694, -3.13500
L'Escala | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Xirona | ||
Comarca | Alt Empordà | ||
Xeografía | |||
Altitude | 14 msnm | ||
Superficie | 16,41 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 10.513 hab. (2013) | ||
Densidade | 640,65 hab/km² | ||
Xentilicio | Escalenc, escalenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 17130 | ||
Alcalde | Estanis Puig i Artigas (PSC) | ||
lescala-empuries.com |
L'Escala é un municipio da comarca do Alt Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava e nela atópanse as ruínas da cidade grecorromana de Empúries.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A vila de l'Escala está situada ao sur do Golfo de Roses, entre a antiga garganta do río Fluvià e Cala Montgó. Limita ao sur co municipio de Torroella de Montgrí.
O núcleo antigo de l'Escala está entre o mar Mediterráneo e un conxunto de outeiros dos últimos contrafortes do norte do macizo do Montgrí.
Xeoloxicamente o terreo é eminentemente calcario, con restos de limos e arxilas máis superficiais.
Demografía[editar | editar a fonte]
As entidades de poboación do municipio son: L'Escala, Cinc Claus, Les Corts e Sant Martí d'Empúries.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.515 | 2.462 | 2.475 | 3.117 | 4.048 | 6.285 | 10.387 |
Economía[editar | editar a fonte]
Inicialmente, a economía da vila baseábase na pesca. A praia de l'Escala utilizábase como porto e a vida de todos os habitantes xiraba arredor da pesca. Máis modernamente construíuse un porto pesqueiro e deportivo na zona de Riells. Actualmente, a economía baséase no turismo, como se pode comprobar pola gran cantidade de casas de veraneo e hoteis. Aprovéitanse a fondo as paisaxes naturais da vila e as ruínas de Empúries.
O produto máis característico de l'Escala son as anchoas con Denominación de Orixe. É tal a popularidade deste peixe que moitas tendas da vila dedícanse exclusivamente á súa venda.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Declarados béns culturais de interese nacional:
- Alfolí de la Sal, do século XVII. Hai un proxecto para convertelo en museo e arquivo local.[1]
- Castelo de Cinc-claus
- Torres de vixilancia e defensa: Torre d'en Montgó, Torre del Perxel, Torre del Pedró e as torres de les Corts.
- Cemiterio vello ou marino.
- Empúries, xestionado polo Museo de Arqueoloxía de Cataluña.
- Conxunto histórico de Sant Martí d'Empúries
- Museo da Anchoa e do Sal
- Museo da moto de l'Escala
- Casa de Pescadores Can Cinto Xuà
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Punt Un edifici històric del segle XVII 30/10/2010. Consulta 30/10/2010
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: L'Escala ![]() |