Mieres, Xirona
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
| Provincia | provincia de Xirona | ||||
| Comarca | Garrotxa | ||||
| Capital | Mieres | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 349 (2024) | ||||
| Número de fogares | 36 (1553) | ||||
| Lingua oficial | lingua catalá | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 26,3 km² | ||||
| Bañado por | Riu Tort (en) | ||||
| Altitude | 286 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcaldesa | Núria Martinez (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 17830 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 17105 | ||||
| Código territorial IDESCAT | 171058 | ||||
| Sitio web | mieres.cat | ||||
Mieres é un concello da comarca da Garrotxa, na provincia de Xirona. En 2006 contaba con 331 habitantes, distribuídos nunha área de 26,29 km².
Xeografía
[editar | editar a fonte]Forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Está situada ao norte da serra de Finestres, a uns 286 m de altitude. Régaa o río Tort, afluente do Ser pola dereita, xunto coa riera de Mieres. Na flora destacan os piñeirais de piñeiro branco, carballeiras e aciñeirais.
A agricultura é de secaño, con viñas e oliveirais. Na gandería destaca o bovino.
Entidades do concello
[editar | editar a fonte]Historia
[editar | editar a fonte]Mieres está documentada desde o ano 834. Viuse mergullada en 1484 na segunda Guerra dos Remensas, dirixida por Pere Joan Sala, cando os campesiños se negaron a pagar os tributos excesivos reclamados polos seus señores.
Demografía
[editar | editar a fonte]O municipio alcanzou o seu máximo de poboación a mediados do século XIX (1.511 habitantes en 1857) e aínda nas primeiras décadas do século XX superaba o millar de habitantes. A partir da década de 1940 comezou a perder poboación continuamente, aínda que os dous últimos decenios están marcados pola estabilidade.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Sant Pere, barroca.
- Igrexa de Santa María de Freixa, románica.
- Igrexa de Ruïtlles, románica.
Festas
[editar | editar a fonte]- Feira do intercambio - Anualmente, o segundo domingo de novembro.
- Procesión das Dores - ë tamén anual, no domingo anterior ao de Ramos, durante a Semana Santa, recreando a Paixón de Cristo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mieres, Xirona |
