UVCD Candeán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Candeán
NomeUnión Vecinal Cultural e Deportiva Candeán
Fundación1953
EstadioJosé Costas
Candeán, Vigo Galicia
Liga1ª Autonómica (grupo 5)

A Unión Vecinal Cultural e Deportiva de Candeán é un club de fútbol galego da parroquia de Candeán (Vigo). Xoga de local no campo José Costas e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

O Club fundouse en 1953 co nome de CD Rianxo. Na tempada 1969-70 pasou a denominarse Centro Cultural e Deportivo de Candeán, e no ano 2000 adoptou o nome actual. Participou no primeiro campionato de zonas de Peinador na tempada 1953-54, e debutou na Rexional Preferente na tempada 1980-81.