CCRD Perlío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CCRD Perlío
Tipoasociación
Data de fundación18 de agosto de 1959
SedePerlío
PaísGalicia
Na rede
http://www.circuloperlio.es
Facebook: CirculoPerlio Twitter: Circulo_Perlio Instagram: ccrdperlio Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Círculo Cultural Recreativo e Deportivo Perlío (CCRD Perlío) é unha asociación que ten como obxectivo promocionar actividades recreativas, culturais de deportivas entre a veciñanza da parroquia de Perlío (Fene). Ademais promove o estreitamento de lazos, de amizade e unificación, á creación de hábitos saudables entre a comunidade mediante a organización das súas actividades deportivas.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi creada o 18 de agosto de 1959. Na primeira xunta xestora estiveron Antonio Rivera Seco e Juan A. Lamas Rivera. En 1961 Francisco Domínguez Rivera foi elixido primeiro secretario da asociación[1].

Actividades[editar | editar a fonte]

Entre as actividades organizadas estaban o baile de reis, os bailes de entroidos, o baile das raíñas do Círculo, o baile das flores, o baile de outono, o baile aniversario e o baile de fin de ano, sempre acompañados por boas orquestras. Tamén se fixo homenaxe á Cultura Galega, coa Mostra da Cultura Galega nos primeiros anos e posteriormente coa semana das Letras Galegas con exposicións, conferencias, música, danza galega e teatro. Realizáronse actividades para a infancia, con semanas infantís.

Nos últimos anos[cando?] leváronse a cabo degustacións nas festas gastronómicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Historia del C.C.R.D. Perlío – Año 1961". CCRD Perlío. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2023. Consultado o 09 de xaneiro de 2023.