Parque Nacional de Monfragüe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Parque Nacional de Monfragüe é un dos parques nacionais de España. Atópase na provincia de Cáceres, e é o primeiro parque nacional de Estremadura. Cruzan o parque dous ríos o Texo e o Tiétar. Inicialmente foi declarado Parque Natural o 4 de abril de 1979.

Localización[editar | editar a fonte]

Monfragüe sitúase no suroeste da península ibérica, e pertence na súa totalidade á provincia de Cáceres. A súa superficie esténdese polos municipios de Casas de Miravete, Jaraicejo, Malpartida de Plasencia, Serradilla, Serrejón, Toril e Torrejón el Rubio.

Figuras de protección[editar | editar a fonte]

Imaxe do parque nacional.

O 4 de abril de 1979 foi declarado Parque Natural. No 1988 declarouse ZEPA e en xullo de 2003 a UNESCO recoñeceu Monfragüe como reserva da Biosfera.

A pesar de que durante a década de 1990 houbo iniciativas para engadir a Monfragüe na Rede de Parques Nacionais de España en representación do ecosistema do bosque mediterráneo, finalmente foi o de Cabañeros e non o de Monfragüe o espazo natural elixido para a inclusión na rede. Monfragüe tería que agardar a xaneiro de 2006, cando a Junta de Extremadura propón ó Goberno de España a declaración de Monfragüe como Parque Nacional. En maio dese mesmo ano, o Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Medio Ambiente, remitiuna ás Cortes, onde recibiu a aprobación e en decembro comezaron os trámites parlamentarios.

En febreiro de 2007 o Senado de España aprobou a lei que o integra na Rede de Parques Nacionais de España (RPNE) e en marzo de 2007 publicouse no BOE a lei que declaraba Monfragüe parque nacional.

Características[editar | editar a fonte]

O nome provén do nome dado polos romanos mons fragorum (monte denso). Nunha pequena ermida, ó carón do castelo, gárdase a talla da Virxe de Monfragüe, dos séculos XVII-XVIII, imaxe traída dende Palestina polos cabaleiros da Orde de Santiago.

Predominan tres hábitats principais: o bosque mediterráneo, as devesas e rochedos e as masas de auga (ríos e encoros)

Fauna[editar | editar a fonte]

No Parque crían máis de 200 especies de vertebrados, outras moitas invernan ou poden verse de paso durante a migración a outras latitudes. As aves son o grupo de vertebrados con maior abundancia de especies e individuos.[1]

Aves

Voitre negro (Aegypius monachus) —con 286 parellas—, aguia imperial (Aquila adalberti) —con 12 parellas—, cegoña negra (Ciconia nigra) —con 30 parellas—, voitre leonado (Gyps fulvus) —con 500-600 parellas—, búfo real (Bubo bubo), aguia imperial ibérica (Aquila adalberti), aguia real (Aquila chrysaetos) –con 6 parellas–, aguia perdiceira (Hieraaetus fasciatus) —con 7 parellas—, voitre branco (Neophron percnopterus) —con 35 parellas—.

Mamíferos

Entre os carnívoros atópanse a lontra, a mangosta exipcia, a garduña, o gato bravo, o teixugo, a xeneta e o máis abundante de todos eles, o raposo. Abundan os cervos, xabaríns e coellos. Outros mamíferos moito máis discretos son o leirón careto ou os morcegos mediterráneo de ferradura (Rhinolophus euryale, R. ferrumequinum e R. mehelyi).

Peixes

Luciobarbus comizo, Squalius pyrenaicus, Cyprinus carpio.

Réptiles

Cobra rateira, cobra de ferradura, sapoconcho riscado, lagarto arnal.

Anfibios

Pleurodeles waltl, rela meridional, píntega común, sapo corredor, Alytes cisternasii, tritón común.

Vexetación[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parque Nacional de Monfragüe. Fauna". Ministerio de Medio Ambiente e Medio rural e Mariño. Consultado o 6 de maio de 2013.  |url-arquivo= ten un formato incorrecto: data (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]