Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macizo do Monte Perdido.
Circo do Soaso e macizo do Monte Perdido.
Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido.

O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.

O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.

Historia[editar | editar a fonte]

É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]

Turismo[editar | editar a fonte]

Táboa de visitantes entre 1996 e 2011
1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
624 510 601 500 603 004 624 263 635 876 657 045 622 014 619 700 582 800 592 100 616 700 617 950 616 600 617 500 614 059 621 500
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]