Parque Nacional das Tablas de Daimiel
| (es) Parque Nacional de las Tablas de Daimiel | ||||
| Tipo | Parque Nacional de España espazo natural protexido Parque nacional | |||
|---|---|---|---|---|
| Parte de | Rede de Parques Nacionais de España | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Castela-A Mancha, España, provincia de Cidade Real, España e Castela-A Mancha, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 30,3 km² 3.010,61437 ha | |||
| Sitio Ramsar | ||||
| Data | 4 de maio de 1982 | |||
| Identificador | 235 | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 28 de xuño de 1973 e 1973 | |||
| Sitio web | reddeparquesnacionales.mma.es… | |||
O Parque Nacional das Tablas de Daimiel é un parque nacional español que protexe a zona húmida homónima, as Tablas de Daimiel. O parque nacional atópase situado nos termos de Daimiel e Villarrubia de los Ojos, na provincia de Cidade Real, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. É ademais zona de especial protección para as aves (ZEPA) e parte da Reserva da Biosfera A Mancha Húmida.
As Tablas son un dos últimos representantes dun ecosistema denominado táboas fluviais que se forman ao desbordarse os ríos nos seus tramos medios, favorecidos por fenómenos de semiendorreísmo e a escaseza de pendentes. A zona húmida fórmase na confluencia do río Guadiana e o seu afluente Gigüela e é un dos ecosistemas acuáticos máis importantes da Península Ibérica pola variedade e calidade da fauna e flora que habitan nela, así como por aquelas aves que a empregan nos pasos migratorios.
Con todo, a supervivencia do parque periga debido á sobreexplotación dos acuíferos que provoca que sen achegue artificial de auga, a reserva sufra duras secas. Debido a esta degradación, o 22 de outubro de 2009 a Comisión Europea abre un expediente a España,[1] mentres que a UNESCO xa expresara con anterioridade a posibilidade de retirar a figura de reserva da biosfera.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional das Tablas de Daimiel |
