Parque Nacional de Timanfaya
Timanfaya | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | Parque nacional | ||
Ano de constitución: | 9 de agosto de 1974 | ||
Superficie: | 5.107 ha | ||
Lexislación: | Decreto 09-08-19174 | ||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | ![]() | ||
Concellos: | Yaiza e Tinajo | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
O Parque Nacional de Timanfaya atópase nos municipios de Yaiza e Tinajo da illa de Lanzarote, nas Illas Canarias.
Foi declarado Parque Nacional o 9 de agosto de 1974. Ocupa unha extensión de 51,07 km² do suroeste da illa. Trátase dun parque de orixe volcánico. As últimas erupcións producíronse no século XVIII, entre os anos 1730 e 1736. Conta con máis de 25 volcáns, sendo algúns emblemáticos, tales como as Montañas del Fuego, Montaña Rajada ou a Caldera del Corazoncillo. Aínda presenta actividade volcánica, existindo puntos de calor na superficie que alcanzan os 100-120 °C e 600 °C a 13 metros de profundidade.
Este hábitat volcánico atópase nas primeiras etapas da sucesión ecolóxica (en total atópanse unhas 180 especies vexetais), polo que é un lugar excelente para o estudo dos procesos de colonización e sucesión.
En 1993, Unesco outorgoulle a cualificación de Reserva da Biosfera a toda a illa. Tamén é Zona de especial protección para as aves (1994).
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional de Timanfaya ![]() |