Moraña
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||||
Capital | Santa Lucía de Moraña | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.126 (2023) (99,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 41,5 km² | ||||
Altitude | 320 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Luís Gómez Fontenla (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Moraña | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 36660 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 36032 | ||||
Páxina web | morana.org… |
Moraña é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Caldas. Segundo o IGE no 2014 tiña 4.362 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «morañés».
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha superficie de 41 km², repartidos entre 9 parroquias. Atópase situado na zona intermedia entre a chaira litoral e as terras altas da provincia.
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total 2014 | 4.362 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 588 (13.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.732 (62.63 %) |
Maiores de 65 anos | 1.042 (23.89 %) |
Evolución da poboación de Moraña Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.975 | 4.421 | 4.810 | 4.698 | 4.281 | ||||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Entre o seu patrimonio destaca a Lapa de Gargantáns, elemento central do escudo municipal. Trátase dun menhir situado na parroquia de Gargantáns e datado no Neolítico, de 192 cm de altura e 50 de diámetro, con forma cónica e base cadrada. Na súa superficie aparecen unha vintena de cazoletas gravadas, xunto a varias marcas en forma de ángulo e dúas liñas serpenteantes. É o motivo principal do escudo do concello de Moraña.
Moraña na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]En Moraña cren que cando a agonía se prolonga moito é porque o moribundo ten unha débeda pendente con alguén. Sábese porque cando chega esta persoa ó seu carón prodúcese a morte ó pouco tempo, o que se explica como se estivese esperando por el para que o perdoase antes de morrer [1].
- Cantigueiro
- Ai aldea de Soar,/ non é unha que son todas,/ poñen dous pares de medias/ para ter as pernas gordas [2]
- Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella [3].
- Miña Virxe dos Milagros,/ os milagros vanse vendo,/ ás rapaciñas de agora/ vaille a barriga crecendo [4].
- Miña Virxe dos Milagros/ vive no alto do Chan,/ para ver os mariñeiros/ como bogan polo mar [5].
- Santa Xusta de Moraña/ foi tres anos muiñeira/ tiña a escoba de palma,/ trabadoiras de oliveira [6][7].
- Santa Xusta de Moraña/ tres anos foi muiñeira/ tiña a basoira de palma/ e a escoba de oliveira [8].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Moraña.
-
Monumento ó "Carneiro ó Espeto"
-
Rúa
-
Paisaxe rural no concello de Moraña
-
Vides
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moraña
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Moraña vexa: Lugares de Moraña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gran Enciclopedia Galega: s. v. agonía.
- ↑ Soar é unha aldea de San Lourenzo de Moraña. Fonte: Xavier Castro.
- ↑ Refírese, como na seguintes cantigas, á Virxe dos Milagres de Amil. Gran Enciclopedia Galega II, s. v. Amil
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 189. No orixinal: âs rapaciñas. Bouza Brey di que o santuario dos Milagros se sitúa no concello de Cuntis, pero ten que referirse á virxe dos Milagros de Amil, Moraña, concello lindeiro con aquel.
- ↑ A Chan é un lugar da mesma parroquia de Amil.
- ↑ Santa Xusta de Moraña é parroquia de Moraña. Bouza Brey 1929, 184.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 244.
- ↑ Bouza Brey 1929, 184.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moraña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- CASTRO, Xavier: Historia da vida cotiá en Galicia. Séculos XIX e XX. Nigra Trea, Vigo 2007.
- Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |