Vía Augusta
A Vía Augusta foi a calzada romana máis longa de Hispania, cunha lonxitude aproximada de 1.500 km percorrendo a costa mediterránea, dende os Pireneos ata Gades (Cádiz).
Ao longo da historia recibiu diferentes nomes: antes da súa construción xa era unha ruta natural coñecida dende o século VI a.C. co nome de Vía Heráclea, xa que acababa nas míticas Columnas de Hércules}. Tamén recibiu o nome de Camiño de Aníbal.
Percorrido
[editar | editar a fonte]As principais cidades que unía eran: Gades (Cádiz), Portus Gaditanus (El Puerto de Santa María), Rotea (Rota), Ugia (Torre Alocaz, Utrera), Orippo (Dos Hermanas), Hispalis (Sevilla), Carmo (Carmona), Obucla (La Monclova, Fuentes de Andalucía), Colonia Augusta Firma Astigi (Écija), Adaras (La Carlota), Corduba (Córdoba), Iliturgi (Andújar), Mentesa Oretana (Villanueva de la Fuente), Saltigi (Chinchilla de Monte-Aragón), Libisosa (Lezuza), Ad Ello (Elda), Carthago Nova (Cartagena), Eliocroca (Lorca), Saetabis (Xàtiva), Valentia (Valencia), Saguntum (Sagunt), Intybilis (Sant Mateu), Dertosa (Tortosa), Tarraco (Tarragona), Aquis Vocontis (Caldes de Malavella), Gerunda (Xirona) e Narbonem (Narbona).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía Augusta |